Vimianzo reúne a 650 palilleiras de toda Galicia
A alcaldesa, Mónica Rodríguez e a deputada de Emprego, Rosa Ana García, estiveron presentes no acto inaugural.
Vimianzo enxalza durante a xornada de hoxe o labor palilleiro co festexo da XVI Xuntanza no pavillón do IES Terra de Soneira. A alcaldesa, Mónica Rodríguez; a deputada de Emprego, Rosa Ana García, acudiron á inauguración institucional.
Congregáronse 650 artesás chegadas desde Viveiro, San Ciprián, Lugo, Ribeira Sacra, Vilanova de Arousa, Tui, Valga, Sarria, Vigo, Cambados, A Coruña, Boiro, Fene, Ferrol, Ames, Betanzos, Neda, Paderne, Cambre, Arteixo, Coirós, Noia, Porto do Son, Oleiros, Cariño, Valdoviño, Esmelle, Abegondo, Camariñas e Vimianzo.
Organizada pola Asociación de Palilleiras 'As Nemanquiñas', conta coa colaboración tanto do Concello de Vimianzo como da Deputación da Coruña. Neste senso, tanto a alcaldesa, Mónica Rodríguez, como a deputada provincial, Rosa Ana García, destacaron "a relevancia que ten para a provincia e para a Galicia que as palilleiras manteñan vivo un labor centenario".
Ata as 19:30 horas, todas as persoas interesadas poderán achegarse ata o polideportivo para coñecer de primeira man o traballo destas mulleres, á vez que se intercambian experiencias entre as participantes.