Modificación das bases reguladoras para subvencións de obradoiros duais de emprego 2023
XUNTA DE GALICIA
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.
«3. A data límite para o inicio da formación e as prácticas profesionais será, con carácter xeral, o 1 de xullo de 2023, salvo que se estableza unha posterior nas resolucións de concesión ou nas prórrogas da data de inicio solicitadas e debidamente xustificadas que, de ser o caso, se autoricen, e sen prexuízo da data límite para a xustificación final recollida no artigo 37.7 desta orde. As actuacións subvencionadas non poderán comezar antes da resolución de concesión. Os gastos subvencionables deberán estar realizados entre o 1 de xaneiro do exercicio de inicio das actuacións e a data límite para a presentación da documentación xustificativa correspondente».
(...)
Ademais, modifícase o artigo 37.7 no senso de establecer que «A xustificación final de gastos presentarase dentro dos dous meses seguintes ao remate do obradoiro, sen que en ningún caso se poida exceder a data límite do 15 de decembro de 2024».