Estás en:Novas

A Deputación inviste 904.400 euros na contratación de técnicos deportivos en 67 concellos da provincia

O deputado de Deportes, Antonio Leira, visitou hoxe Sada para coñecer as actividades deportivas que se desenvolven no municipio e visitou o club de vela Alamar

A Deputación inviste 904.400 euros na contratación de técnicos deportivos en 67 concellos da provincia

Leira durante a visita ás instalaciones deportivas de Sada

A Deputación da Coruña publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia a concesión provisional das axudas da área de Deportes para a contratación de persoal técnico deportivo nos concellos da provincia.

Neste 2024, a Deputación destina 904.400 euros para financiar este programa, que permitirá a 67 concellos da provincia contratar ou manter no seu cadro de persoal a técnicos deportivos que teñen como misión dinamizar a actividade deportiva dos municipios e planificar un calendario de actividades para todos os públicos.

O deputado responsable da área de Deportes, Antonio Leira, achegouse esta mañá ata Sada para supervisar no pavillón de deportes, na piscina e nas pistas deportivas da localidade algunhas das múltiples actividades realizadas na localidade ao abeiro desta liña de axudas.

Leira, que estivo acompañado polo alcalde de Sada, Benito Portela, a concelleira de Deportes, Rebeca Mouriño, e membros da corporación municipal, destacou que se trata dun programa que "contribúe de maneira directa á xeración de 62 empregos noutros tantos municipios da provincia" e, ademais, "facilita a realización de programacións deportivas con actividades variadas e estables, promovendo a práctica do deporte e a actividade física entre os veciños e veciñas de todas as idades nos concellos da provincia".

A Deputación financia ata o 80% dos custos salariais (soldo e Seguridade Social) do persoal técnico deportivo contratado durante un ano, cunha achega máxima de 15.000 euros para aqueles municipios que optan pola contratación dun graduado universitario en Ciencias da Actividade Física e o Deporte que traballe a xornada completa. Os concellos poden contratar tamén técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas e facelo a xornada completa ou media xornada, aboando sempre o 20% restante do salario.

Vista ao club Alamar de Sada

Na súa visita a Sada, Leira e Benito Portela visitaron tamén o Club Alamar, e interesáronse pola súa actividade para a promoción da vela lixeira no municipio e polo apoio que a Deputación lle presta a través das liñas de subvencións para a adquisición de material deportivo, como as dúas lanchas Zodiac coas que conta o club.

Alamar é unha das entidades beneficiarias dos cinco vehículos que a Deputación vén de conceder a outros tantos clubs de remo, piragüismo, vela e salvamento da provincia cunha achega total de 125.000 euros e que se publican hoxe no BOP.

A furgoneta, de nove prazas, facilitará os desprazamentos dos deportistas e do material a competicións nas que participen.

CONCELLOS QUE CONTARÁN CUN TÉCNICO DEPORTIVO DA DEPUTACIÓN EN 2024

Comarca da Coruña e As Mariñas

CONCELLO

ACHEGA

Abegondo

15.000

Aranga

15.000

Arteixo

15.000

Betanzos

15.000

Cambre

10.000

Carral

15.000

Coirós

15.000

Culleredo

15.000

Irixoa

10.000

Oleiros

15.000

Sada

10.000

Sobrado

15.000

Vilasantar

10.000

Total

175.000

Comarca de Santiago

CONCELLO

ACHEGA

A Baña

15.000

Ames

15.000

Boimorto

15.000

Boqueixón

10.000

Dodro

15.000

Frades

10.000

Melide

10.000

Mesía

15.000

Oroso

10.000

Padrón

15.000

Rois

15.000

Santa Comba

15.000

Santiso

15.000

Teo

15.000

Toques

15.000

Touro

15.000

Trazo

15.000

Val do Dubra

10.000

Vedra

10.000

O Pino

15.000

Total

270.000

Comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal

CONCELLO

ACHEGA

Ares

15.000

Cariño

15.000

Cedeira

5.000

Fene

15.000

Moeche

10.000

Monfero

15.000

Mugardos

15.000

Pontedeume

15.000

San Sadurniño

15.000

Valdoviño

15.000

Total

135.000

Comarca de Bergantiños – Costa da Morte

CONCELLO

ACHEGA

Cabana de Bergantiños

5.000

Camariñas

15.000

Cee

15.000

Corcubión

15.000

Dumbría

10.000

Fisterra

10.000

Malpica

15.000

Ponteceso

15.000

Vimianzo

15.000

Zas

10.000

Total

125.000

Comarca do Barbanza

CONCELLO

ACHEGA

A Pobra do Caramiñal

15.000

Boiro

15.000

Carnota

15.000

Lousame

15.000

Mazaricos

15.000

Outes

10.000

Porto do Son

10.000

Rianxo

15.000

Ribeira

15.000

Total

125.000