Abre o prazo de inscricións para participar no XXV Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña
As obras representaranse durantes os mesde de abril, maio e xuño e o certame rematará o 14 de xuño cunha Gala de entrega de premios no Teatro Colón da Coruña
O IES Rosalía Mera abre o prazo para que os centros educativos e compañías de teatro afeccionado que o desexen poidan inscribirse no Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña, que este ano cumpre o seu 25 aniversario.
Ata o domingo 3 de marzo está aberto o prazo de inscrición, que se pode formalizar a través da web do IES Rosalía Mera (www.iesrosaliamera.com) na sección "Certame de Teatro", onde se recollen ademais as bases e requisitos de participación.
O ano pasado, máis de 600 actores e actrices non profesionais e de todas as idades representaron un total de 55 obras teatrais neste festival de teatro, que conta xa cun cuarto de século de historia.
Aínda que se trata dun certame de carácter provincial, está permitida a participación de entidades, compañías e centros educativos que non pertenzan á provincia da Coruña.
As categorías de participación son as seguintes: Benxamín (educación infantil e 1º e 2º de primaria), Infantil (3º a 6º de primaria), Cadete (educación secundaria hasta 20 años), Xuvenil (de 18 a 30 años) e Sénior (a partir de 30 anos).
Unha vez finalizado o período de inscrición, procederase a deseñar e publicar o antes posible o calendario de representación das obras de teatro, que terán lugar no salón de actos do IES Rosalía Mera da Coruña durante os meses de abril, maio e xuño.
A Gala final coa entrega de premios ás obras gañadoras do Certame as diferentes categorías terá lugar o vindeiro 14 de xuño no Teatro Colón da Coruña