Estás en:Novas

8M, o Día da Muller na Biblioteca Provincial

8M, o Día da Muller na Biblioteca Provincial

Hoxe estamos de celebración, e desde a Biblioteca queremos compartir convosco todas as actividades e iniciativas que desenvolvemos para este día:

Agardamos que desfrutedes destes recursos e nos compartades as vosas impresións nas redes ou na propia Biblioteca. 

E, por certo, sabías por que se elixiu o 8 de marzo para celebrar o Día Internacional da Muller?

A ONU constituíu o día internacional hai 47 anos para celebrar o 8 de marzo o día da muller ao estar estreitamente vinculado aos movementos feministas durante a Revolución Rusa de 1917. Foi un 8 de marzo de 1917 (un 23 de febreiro, segundo o calendario xuliano que se utilizaba en Rusia), cando as mulleres rusas se declararon en folga, pedindo Pan e paz. Catro días despois, o Zar viuse obrigado a abdicar e o goberno provisional concedeu ás mulleres o dereito de voto.