Estás en:Novas
Día do Libro 2024

A eBiblioDaCoruna renóvase

Melloras de accesibilidade e personalización e novos servizos

A eBiblioDaCoruna renóvase

A eBiblioDaCoruna está de estrea!

Aproveitando que o 23 de abril é o día do libro e a semana vai estar ateigada de actividades e propostas na Biblioteca, a nosa metade dixital tamén se suma á celebración, mellorada e personalizada para ti!

Nova App de lectura

Desde agora temos unha App de noso, búscaa nas tendas de aplicacións dos diferentes sistemas operativos: Android , Apple e Huawei

Recomendámosche que desinstales a anterior e instales a nova, así evitarás problemas de funcionamento e gañarás funcionalidade, xa que a nova app incorpora melloras significativas de accesibilidade e tamén permite unha maior personalización.

Novo enderezo de acceso á plataforma de préstamos eBiblioDaCoruna

Agora o acceso farase a través de: https://ebiblio.dacoruna.gal/

Novo acceso ao eBiblioDaCoruna Club Lector

Accede ao noso Club de lectura virtual aquí: https://ebiblioclub.dacoruna.gal/
No enlace que segue tes toda a información sobre este servizo: https://dacoruna.gal/biblioteca/ebibliodacoruna/ebibliotecadacoruna-club-lector

Incorporación de Experiencias de Aprendizaxe

Trátase dun espazo de autodesenvolvemento persoal, onde terás ao teu dispor materiais e recursos para mellorar, ou axudarche a adquirir, habilidades persoais, profesionais, lingüísticas etc. Accede a través da ligazón https://ebiblioclub.dacoruna.gal/ 

Para saber como funciona este novo servizo, tes toda a información na seguinte ligazón: https://dacoruna.gal/biblioteca/ebibliodacoruna/espazo-aprendizaxe

Na Páxina Web da Biblioteca tes toda a información relativa á plataforma de servizos dixitais: https://dacoruna.gal/biblioteca/ebibliodacoruna/ebiblioteca-info

E se aínda non formas parte da nosa comunidade dixital dáte de alta aquí:

Para calquera dúbida ou incidencia ponte en contacto connosco a través do enderezo electrónico ou o teléfono de información da Biblioteca.

Felices lecturas!