Estás en:Novas

O Teatro Colón acolleu a gran festa do teatro escolar e afeccionado da provincia

O certame, organizado pola Deputación da Coruña e o IES Rosalía de Mera desde hai 25 anos, acolleu un total de 69 obras coa participación de preto de 1.000 actores e actrices entre abril e xuño

O Premio de Honra foi para Adela Pastoriza Ramos, en nome de todo o xurado que colaborou no certame ao longo destes 25 anos

O Teatro Colón acolleu a gran festa do teatro escolar e afeccionado da provincia

Un ateigado Teatro Colón da Coruña acolleu a noite deste venres a gala de clausura e entrega de premios da XXV edición do Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña.

Nesta edición, coa que o evento cultural alcanzaba o cuarto de século de historia, foron 69 as obras representadas por preto de 1.000 actores e actrices de todas as idades, desde a categoría de benxamíns á sénior. Así, ao longo dos últimos tres meses, as táboas do teatro do IES Rosalía Mera foron a sede dun amplísimo programa, culminado coa gran festa deste venres, que puxo o peche final e o reparto de galardóns este ano.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, que presidiu a entrega de premios, destacou "os vinte e cinco anos de traxectoria" e o "carácter interxeracional" do festival, "que reúne a actores e actrices de entre 6 e 90 anos entorno a unha paixón común, a do teatro, para a que non existen fronteiras non idades".

Formoso destacou tamén "a gran canteira de actores e actrices que temos nos colexios" e "o importante traballo que hai detrás de cada unha das obras: elaboración de guións, vestiario e horas e horas de ensaio ata perfeccionar as representacións e levalas ao público que durante dous meses gozou no IES Rosalía Mera do mellor teatro".

O Premio de Honra foi para Adela Pastoriza Ramos, en nome de todo o xurado que colaborou no certame ao longo destes 25 anos. As principais obras premiadas foron "As Lorax", da Escola Galega de Teatro Musical (Benxamín); "Edipo El Tebano", da Compañía Atticus do CEIP Tarrío (Infantil); "A Tempo, O Tempo, Julio e Os Conway", da Escola Galega de Teatro Musical (Cadete); "El Perro del Hortelano", de Cía Noite Bohemia (Xuvenil); e "Antígona", de Corzo Producciones (Sénior).

Tamén se repartiron recoñecementos en cada unha das categorías á mellor actuación de reparto, á mellor dirección e á mellor actuación. En sénior, estes premios foron para Verónica Peiteado Brea ("Company"), Jesús Ricardo Martín Fernández ("Antígona") e Nacho Rodríguez Varela ("Antígona").

PREMIOS DA XXV EDICIÓN DO CERTAME DE TEATRO ESCOLAR E AFECCIONADO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

DO PREMIO DE HONRA

ADELA PASTORIZA RAMOS (En nome de todo o xurado que colaborou co certame ao longo das 25 edicións)

MELLOR ACTUACIÓN DE REPARTO

· CATEGORÍA BENXAMÍN: Verónica e Cecilia García Bascuas por As Lorax

· CATEGORÍA INFANTIL: Celia Lois Grandío por Edipo El Tebano

· CATEGORÍA CADETE: Carmen Vilar Fariña por Clásicos O Algo Así

· CATEGORÍA XUVENIL: María Tizón Rodríguez por Hasta Luego, Mari Carmen

· CATEGORÍA SENIOR: Verónica Peiteado Brea por Company

MELLOR DIRECCIÓN

· CATEGORÍA BENXAMÍN: Sara Fandiño e Celia Castro por As Lorax

· CATEGORÍA INFANTIL: David Poncela Castelo por Edipo El Tebano

· CATEGORÍA CADETE: Sara Fandiño E Laura Duarte por ¨Four¨ Ou "Five"

· CATEGORÍA XUVENIL: Javier Fernández Mariño por El Perro Del Hortelano

· CATEGORÍA SENIOR: Jesús Ricardo Martín Fernández por Antígona

MELLOR ACTUACIÓN

· CATEGORÍA BENXAMÍN: Valeria Guerra Braña por As Lorax

· CATEGORÍA INFANTIL: Rodrigo Martínez Rilo por Edipo El Tebano

· CATEGORÍA CADETE: Emma María Sterjo Martínez De Osaba por Bodas De Sangre

· CATEGORÍA XUVENIL: María Borrazás Rumbo por Hasta Luego, Mari Carmen

· CATEGORÍA SENIOR: Nacho Rodríguez Varela por Antígona

MELLOR OBRA BENXAMÍN

· 5º PREMIO: Cuéntame Un Cuento (Activa CEIP Eusebio da Guarda 1 y 2 EP)

· 4º PREMIO: Atrapa Palabras (Activa CEIP Eusebio da Guarda Ed. Infantil)

· 3º PREMIO: "El Maquinista No Quiere Trabajar" (Faragullas - CEIP Ponte dos Brozos)

· 2º PREMIO: Va De Piratas (CPR Liceo La Paz)

· 1º PREMIO: As Lorax (Escola Galega de Teatro Musical - Compañía Benxamín)

MELLOR OBRA INFANTIL

· 5º PREMIO: ¨Un Ensayo De Sangre Real¨ (Patacón - Escola de Teatro Melandrainas)

· 4º PREMIO: Pikolo (CPR Liceo La Paz)

· 3º PREMIO: Una Historia De Ángeles Y Demonios (CPR Liceo La Paz)

· 2º PREMIO: El Príncipe Que Lo Aprendió Todo De Los Libros (Cía Noite Bohemia – Noitiña)

· 1º PREMIO: Edipo El Tebano (Compañía Aticus do CEIP Tarrío)

MELLOR OBRA CADETE

· 5º PREMIO: Clásicos O Algo Así (CPR Liceo La Paz)

· 4º PREMIO: As Do Peixe (CPR Liceo La Paz)

· 3º PREMIO: Bodas De Sangre (Cía Noite Bohemia – Abrente)

· 2º PREMIO: ¨Four¨ Ou "Five" (EGTM - Colexio Santo Domingo (secundaria))

· 1º PREMIO: A Tempo, O Tempo, Julio E Os Conway (Escola Galega de Teatro Musical - Compañía Cadete)

MELLOR OBRA XUVENIL

· 5º PREMIO: El Sorteo De Cásina (Cía Noite Bohemia)

· 4º PREMIO: ¨Entre A De Azul E Gris¨ (ES3HA2 - Escola de Teatro Melandrainas)

· 3º PREMIO: Hasta Luego, Mari Carmen (Cajón De Sastre)

· 2º PREMIO: Edipo Rey (Cía Noite Bohemia)

· 1º PREMIO: El Perro Del Hortelano (Cía Noite Bohemia)

MELLOR OBRA SENIOR

o 5º PREMIO: Mostellaria (Corzo Producciones)

o 4º PREMIO: Melocotón En Almíbar (M. Mihura) (Teatro Artesán)

o 3º PREMIO: El Corregidor Corregido (Grupo Teatro Sénior Espazo+60 Afundación Coruña)

o 2º PREMIO: Troyanas (Noite Bohemia – Eclipse)

o 1º PREMIO: Antígona (Corzo Producciones)