Estás en:Novas
#HoxeExcriboEn

Gañadorxs e entrega de premios do Concurso #HoxeExcriboEn 2024

O xurado do concurso de microrrelatos da Deputación da Coruña decidiu os premios correspondentes á edición de 2024.

A entrega de premios terá lugar o vindeiro 29 de novembro ás 18:15h, na Biblioteca Provincial.

Estades tdxs convidadxs!

Gañadorxs e entrega de premios do Concurso #HoxeExcriboEn 2024

#HoxeEscriboEn 2024: Relatos para viaxar polos concellos da provincia da Coruña

Xa temos gañadorxs do XII Concurso de Relatos #HoxeEscriboEn 2024, e queremos organizar unha entrega de premios para celebrar con elxs.

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS

O acto de entrega de premios será o día 29 de novembro ás 18:15 h na Biblioteca Provincial (Rúa Rego de Auga 37, 15001 A Coruña).

Estará presidido polo Deputado da Área de Turismo, Xosé Regueira Varela, pola Deputada da Área de Cultura, Natividad de Xesús González Rodríguez, e pola Directora da Biblioteca, Carmen Ferreiro.

Acto aberto ao público.

RESOLUCIÓN DO CONCURSO

ACTA DA REUNIÓN DO XURADO DA 12ª EDICIÓN DO CONCURSO DE RELATOS #HOXEESCRIBOEN "Relatos para viaxar polos concellos da provincia da Coruña"

Reunido no Pazo Provincial ás 13:00 horas do día 13 de novembro de 2024 o xurado do Concurso convocado pola Biblioteca Provincial en colaboración coa sección de Promoción e Desenvolvemento Turístico da Deputación.

Preside a reunión por delegación do Presidente, Xosé Regueira Varela, vicepresidente da Deputación, e asisten os vogais Maite Loureiro, xefa de Sección de Promoción e Desenvolvemento Turístico, Paula Cabado Brea técnica de Turismo e Patricia Cernadas Novo especialista en literatura. Actúa como secretaria, por delegación do secretario xeral, María Lema Santabaya, técnica da Biblioteca Provincial.

A secretaria informa que se presentaron 126 microrrelatos correspondentes a 45 concellos da provincia da Coruña. Os membros do xurado proceden á análise das obras presentadas. Realízase unha rolda de lectura e selecciónanse os traballos finalistas, que segundo o criterio
do xurado son os seguintes:

  • PRIMEIRO PREMIO: Relato Nº 103 Título: Eclogita, a rocha aventureira, do que é autora Mónica Rodríguez Romero, referido ao Concello de Cariño
  • SEGUNDO PREMIO: Nº110 Título: Amar ata esmorecer, do que é autora María Arcos Cebreiro, referido ao Concello de Rianxo.
  • TERCEIRO PREMIO: Nº 72 Título: Radio Fin Da Terra da que é autora Alba Sánchez Ares, referido ao Concello de Fisterra.

O xurado elixiu as obras por axustarse ás bases e ao obxecto do concurso, destacando os seguintes aspectos:

Eclogita, a rocha aventureira, pola súa orixinalidade a calidade literaria; a posta en valor do patrimonio natural no Xeoparque Cabo Ortegal e a historia sobre o patrimonio. O microrrelato destaca polo seu estilo fluído e creatividade.

En Amar ata esmorecer, destacamos a figura de Rafael Dieste e Castelao, dúas figuras imprescindibles da nosa literatura e por ser un microrrelato narrado baixo unha perspectiva de voz feminina, cunha gran calidade literaria onde se reflicte o patrimonio cultural e a historia local de Rianxo.

Radio Fin Da Terra, por ser un microrrelato escrito con ironía e humor ambientado en Fisterra. Un traballo da fin da terra orixinal e cunha adaptación da historia local con toque de humor.

Por último, o xurado destaca a alta participación no concurso con traballos de calidade e acordes á temática e o aumento no número de concellos participantes, nesta ocasión máis da metade dos concellos da provincia da Coruña.

A Coruña, 13 de novembro de 2024.

RELATOS GAÑADORES DO CONCURSO

  • PRIMEIRO PREMIO:

Relato Nº 103. Título: Eclogita, a rocha aventureira, de Mónica Rodríguez Romero (Cariño)

  • SEGUNDO PREMIO:

Relato Nº110. Título: Amar ata esmorecer, de María Arcos Cebreiro (Rianxo)

  • TERCEIRO PREMIO:

Relato Nº 72 Título: Radio Fin Da Terra, de Alba Sánchez Ares (Fisterra)

SORTEO DE 30 LOTES de produtos gastronómicos

O xurado propón que, dada a calidade xeral dos traballos presentados, se sorteen 30 lotes de produtos gastronómicos da provincia entre os traballos máis valorados polo xurado.

En canto teñamos máis información completarase aquí.