Estás en:Novas
Día Internación da eliminación da violencia contra as mulleres e as nenas

A EBIBLIODACORUNA ponse DeFronte á violencia de xénero

Completando as achegas que, dende a Biblioteca Provincial, preparamos para este día, non podía faltar a Biblioteca dixital

A EBIBLIODACORUNA ponse DeFronte á violencia de xénero

DE FRONTE á violencia de xénero

A violencia contra as mulleres e as nenas segue sendo unha das violacións dos dereitos humanos máis estendidas e xeneralizadas do mundo. Trátase dunha secuela que se intensificou en diferentes contornas, incluídos o lugar de traballo e os espazos en liña, e viuse agravada polos conflitos e o cambio climático.

A violencia contra a muller segue sendo un obstáculo para a igualdade, o desenvolvemento e a paz, así como para o respecto dos dereitos humanos. A promesa dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) de non deixar que ninguén quede atrás, non poderá cumprirse sen primeiro poñer fin á violencia contra mulleres e nenas.

A EBIBLIODACORUNA ponse DeFronte á violencia de xénero

A Área de Igualdade da Deputación da Coruña, con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, impulsa un ano máis a campaña DE FRONTE á violencia de xénero. Se queres afondar no tema, na seguinte ligazón propóñense variados recursos: https://defronte.gal

A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña uniuse á campaña #DeFronte a Violencia de Xénero, tamén dende a Biblioteca dixital eBiblioDaCoruna. Elaboramos unha selección de recursos relacionados co tema, para achegar información e mover á concienciación sobre os diferentes tipos de violencia, dos que as nenas e as mulleres son obxecto en todo o mundo.

Accede aquí: https://ebiblio.dacoruna.gal/results?collectionId=12693&topten=genericBySelection

Súmate a esta campaña tan necesaria, e ponte De fronte á violencia!