Estás en:Novas
ebiblioDaCoruna Club Lector

"Construimos la casa que habitamos", a nova lectura na sala Páxinas de orgullo

A obra Construimos la casa que habitamos, do 3 ao 23 de maio, é a nova lectura na sala virtual Páxinas de orgullo.

Comezamos a nova lectura na sala "Páxinas de orgullo" do club dixital de lectura da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña. Lembrámosche os datos desta actividade:

  • "Construimos la casa que habitamos"
  • Moderado por Nuria Vilán
  • Do 3 ao 23 de maio
  • Accede premendo aquí

Sobre a obra


Este libro é unha compilación de escritos e ilustracións creados por persoas trans non binarias, trans, racializadas e migras. Entre letras e trazos entrelázanse os máis profundos sentires e experiencias de quen habita os seus corpos como un fogar lonxe do fogar, como un lugar de loita antirracista, decolonial e de transgresión ao binarismo e á normatividade, unha casa-corpo que non encaixa en ningún molde, dun corpo-casa que se constrúe a si mesmo, casas que son escoitadas e amadas, como quen rega as súas plantiñas e cántalles para que medren lindas. Este é un lugar de escoita e de compartir, un espazo para honrar o noso fogar e a nosa ancestralidade. Un espazo para honrar e amar o trans.

---

Preme para máis información sobre a sala Páxinas de orgullo