A Biblioteca Provincial estará nas Feiras do Libro de Rianxo e A Coruña
Cada taller impartirase en 1 sesión de 90 minutos cada sesión para nenos e nenas de 6 a 11 anos, a realizar nas Feiras do Libro de 2025.

As feiras do libro adoitan incluír unha variedade de actividades para diferentes
públicos entre os que destacan, talleres e actividades para nenos/as, achegando a
lectura aos máis novos a través de xogos, contacontos, creación de libros e outras
actividades lúdicas. Por isto, a Biblioteca Provincial quere acudir a estes eventos
cunha serie de actividades co fin de inspirar a novos lectores e fomentar o hábito da
lectura, especialmente entre os máis novos.
Levaranse a cabo 3 sesións do obradoiro creativo nas Feiras do Libro dos concellos
de Rianxo e A Coruña. Cada sesión terá unha duración de 90 minutos, dirixidas por 2
monitores/as, e destinado a nenos e nenas de 6 a 11 anos (cun máximo de 15
participantes por sesión).
Datas e horarios:
• Feira do Libro de Rianxo:
Día 27 de xullo de 2025
Horario: 19:30 a 21:00 h.
•Feira do Libro da Coruña:
Día 5 e 7 de agosto de 2025
Horario: 19:30 a 21:00 h.