Estás en:Novas

Apertura do prazo de solicitude das accións formativas contidas na 2ª convocatoria do Plan de Formación Agrupado da Deputación Provincial da Coruña do ano 2025.

ATENCIÓN: Aberto o prazo para a presentación de solicitudes ás accións formativas / aos cursos de formación da segunda convocatoria do Plan de Formación Agrupado 2025 que organiza a Deputación Provincial da Coruña e que van dirixidas / os ao persoal funcionario e laboral das entidades locais da provincia que asinaron a súa adhesión ao dito plan. O devandito prazo remata o venrés 10 de agosto ás 15:00 horas.

Para poder participara no curso de "Linguaxe Administrativa Galega. Nivel Medio. En liña" (CD 25.042) é preciso ter aprobado ou validado algún dos seguintes cursos: Celga 4, cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega ou curso básico de linguaxe administrativa galega.

E con relación ao curso de "Linguaxe Administrativa Galega. Nivel Superior. En liña" (CD 25.043) é preciso ter aprobado ou validado algún dos seguintes cursos: curso medio de linguaxe administrativa galega, o curso medio de linguaxe xurídica galega ou calquera dos cursos equivalentes a estes que se establecen no punto 2º do artigo 5 da Orde do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega.

Igualmente, será un requisito imprescindible para poder participar nas accións formativas do Plan de Formación Agrupado da Deputación Provincial da Coruña do ano 2025, tal e como se recolle nas bases da convocatoria do dito Plan, as persoas de entidades diferentes á Deputación da Coruña que non sexan funcionarias / os de carreira ou laborais fixas / os, deberán atoparse de alta na entidade local correspondente o día de comenzo de cada acción formativa. En caso contrario, no terán dereito a obter o diploma acreditativo.