Estás en:Novas

Comeza ‘Saudade’, o evento da Deputación que reúne a 13 chefs con máis de 20 estrelas Michelín de todo o Estado na provincia da Coruña

O Retiro da Costiña acolleu esta noite a cea inaugural deste encontro que terá lugar mañá, luns 14 e o martes 15 en A Pobra do Caramiñal; Ribeira; Santiago de Compostela e Coristanco

O vicepresidente, Xosé Regueira, encabezou a inauguración, dando a benvida a todos os asistentes e convidándoos a "degustar e desfrutar da nosa identidade; dos produtos, da gastronomía, da cultura e da xente deste territorio que é sinónimo de autenticidade, calidade e sustentabilidade"

Comeza ‘Saudade’, o evento da Deputación que reúne a 13 chefs con máis de 20 estrelas Michelín de todo o Estado na provincia da Coruña

O Retiro da Costiña acolleu esta noite a cea inaugural de 'Saudade', o evento organizado pola área de turismo da Deputación co obxectivo de fortalecer a identidade gastronómica da provincia da Coruña e fomentar a súa promoción en todo o Estado, e que se desenvolverá os días 14 e 15 de xullo en diferentes puntos da provincia: Santa Comba, Santiago, A Pobra do Caramiñal, Ribeira e Coristanco. O vicepresidente, Xosé Regueira, foi o encargado de dar a benvida aos participantes, convidándoos a

Un total de 13 chefs de todo o Estado, que suman máis de 20 estrelas Michelín, viaxaron a provincia da Coruña para explorar, descubrir e mergullarse nos recursos gastronómicos e os produtos autóctonos que fan único o territorio: Alberto Chicote, Diego Guerrero, Paco Morales, Aitor Arregi, Maca de Castro, Begoña Rodrigo, Andoni Luis Aduriz, Toño Pérez e os galegos Javi Olleros, Xosé Cannas, Manuel Costiña, Lucía Freitas e Pepe Solla, varios con 2 e 3 estrelas Michelin acompañados de xornalistas e prescritores e prescritoras de prestixio do ámbito gastronómico.

Os produtores e produtoras locais da provincia serán protagonistas ao ofrecer, na última das xornadas, unha degustación dos seus produtos. É o caso de A Conserveira, Bonilla a la Vista, Cafés Lúa, Chichalovers, Cienporcel Abastos, Empanadas Costumes Galicia, Empanadas Ternura, Galmesán, A Despensa D'Lujo, Mariscos de Barallobre, Orixes Galegas Porco Celta, Pagos de Brigante, Percebe da Barca Muxía, Vermú Lodeiros e Xearte Brigitte.

Primeira xornada, adicada ao mar, no Barbanza
Tras esta primeira xornada previa no Retiro da Costiña, haberá outras dúas temáticas, unha dedicada ao mar e outra á terra.
O luns 14 os participantes viaxarán á comarca do Barbanza para coñecer o proceso de captura e preparación dos mellores produtos do mar, desde a súa orixe ata a mesa. Para iso visitarán durante a tarde (17.00 h), a lonxa de Ribeira e gozarán dunha experiencia marítima a cargo dun bateeiro, onde tomarán contacto co proceso de cultivo do mexillón. A xornada completarase cunha visita á adega Entre os ríos, na Pobra do Caramiñal, na que haberá unha cata de viño maridada con conservas, e continuará cunha comida no corazón da comarca do Barbanza. O día rematará cunha cea no Mercado de Abastos de Compostela.

Segunda xornada, adicada á terra, en Bergantiños
A xornada do día 15, dedicada á terra, terá lugar en Coristanco; e as actividades previstas poñerán en valor os produtos do campo, dando a coñecer tamén os procesos de cultivo sostible e o seu papel na gastronomía contemporánea. Así, o programa inclúe un encontro con produtores locais da provincia, profesionais do sector e chefs para compartir e intercambiar opinións e experiencias.

  • Haberá unha primeira mesa de debate, ás 12.00 horas, sobre 'Raíces sostibles: Produto, Territorio e Cultura Alimentaria', na que participarán o chef Paco Morales (3*) e a chef Lucía Freitas (1*), o divulgador científico José Miguel Mulet, e Lucía Calvo, da Despensa D'Lujo.
  • A continuación, ás 12.30 horas, celebrarase unha segunda mesa de debate ao redor do tema 'Facer País: Innovación, Sustentabilidade e Paisaxe Emocional', na que participarán os chefs Andoni Luis Aduriz (2*) e Xosé Cannas (2*), a xornalista gastronómica Lakshmi Aguirre, e Senén Barral, responsable do Departamento de Innovación, Infraestruturas e Servizos de Restauración de Inditex. A xornada finalizará cunha comida tradicional.

Entre as empresas participantes figuran A Conserveira, Bonilla a la Vista, Cafés Lúa, Chichalovers, Cienporcel Abastos, Empanadas Costumes Galicia, Empanadas Ternura, Galmesán, A Despensa D'Lujo, Mariscos de Barallobre, Orixes Galegas Porco Celta, Pagos de Brigante, Percebe da Barca Muxía, Vermú Lodeiros e Xearte Brigitte.

Un proxecto, en definitiva, deseñado para resaltar a excelencia e diversidade dos produtos locais, e que brindará aos participantes a oportunidade de vivir unha experiencia sensorial única, permitíndolles conectarse coa orixe e a elaboración de cada ingrediente.