Estás en:Novas
Accións da BPDC na provincia da Coruña

A Biblioteca Provincial estará na Feira do Libro da Coruña

A Biblioteca Provincial estará varias Feiras do Libro este verán, entre elas na da Coruña, con obradoiros creativos a través da técnica do scrapbooking.

Cada obradoiro desenvolverase en sesións de 90 minutos, orientado á rapazada de 6 a 11 anos.

Agardámosvos!

A Biblioteca Provincial estará na Feira do Libro da Coruña

Obradoiros creativos de scrapbooking

As feiras do libro adoitan incluír unha variedade de actividades para diferentes públicos entre os que destacan, talleres e actividades para nenos/as, achegando a lectura aos máis novos a través de xogos, contacontos, creación de libros e outras actividades lúdicas. Por isto, a Biblioteca Provincial quere acudir a estes eventos cunha serie de actividades, co obxecto de inspirar novos lectores e fomentar o hábito da lectura, especialmente entre as persoas máis novas.

Cada sesión terá unha duración de 90 minutos, estarán dirixidas por 2 monitores/as e destinado á rapazada de 6 a 11 anos (cun máximo de 15 participantes por sesión).

*O "scrapbooking" é un método no que se utilizan diferentes técnicas artísticas como caligrafía, debuxo, papiroflexia, estampaxe e materiais diversos como
teas, cintas, adhesivos, etc. para crear e decorar álbums de recordos, tarxetas, láminas....

Datas e horarios

•Feira do Libro da Coruña

Día 5 e 7 de agosto de 2025
Horario: 17:30 a 19:00 h.

A Feira do Libro da Coruña celébrase entre o 1 e o 10 de agosto, nos Xardíns Méndez Núñez. O horario de apertura ás persoas asistentes é de 11 a 14 h. de mañá, e de 17:30 a 21:30 h. pola tarde.

Participarán as seguintes librarías: Ediciones Del Viento, Cartem, Espazo Lector Nobel, Casa Del Libro, Librería Uróboros, El Faro De Los Tres Mundos, Couceiro Librerías, Librería Aenea, Metropolis Comics A Coruña, Galgo Azul (Libros, Grolos e Moito Máis), Editorial Bululú, Libraría Cartabon, Eneida, Libraría Agrasar - Monforte, Libraría Pedreira, Boadicea Malafera, A Gata Tola, Alvarellos Editora, Librería Perseida, Kalandraka, Ula Libraría Social, Formatos-A Coruña, Librería Bandini, Librería Xiada, Mar de Letras, Librería Arenas, Komic Librería, Editorial Galaxia, Berbiriana, Santos Ochoa, Consorcio Editorial Galego, El Cocodrilo Amarillo Libros, Librería-Café Hoboken, Ler Librerías Pobra do Caramiñal, Astora Cómics - Santiago, Alita Cómics.

Haberá descontos do 10% no prezo dos libros.

Programa ao completo aquí: Feira do Libro da Coruña 2025_ Programa