Estás en:Novas

Comeza o VIII Ares Indiano co apoio da Deputación

O vicepresidente, Xosé Regueira, asistiu esta mañá, acompañado do alcalde, á inauguración oficial desta cita coa que Ares viaxa ao pasado para coidar da súa memoria colectiva arredor da migración

A feira alberga o 'Espazo Deputación' que inclúe un mercado de artesanía, showcookings e concertos e outras actividades de dinamización

Comeza o VIII Ares Indiano co apoio da Deputación

A Deputación da Coruña participa no VIII Ares Indiano, cun espazo cunha ambiciosa programación propia entre a que se atopan un mercado de artesanía, concertos e outras actividades de dinamización. O vicepresidente, Xosé Regueira, asistiu esta mañá á inauguración desta cita que pon en valor a memoria colectiva do municipio arredor da migración, acompañado do alcalde, Juan Ignacio Iglesias Redondo.

Regueira destacou na súa alocución "o produto diferenciador e de altísima calidade que é o Ares Indiano", cun considerable posicionamento cultural e turístico; motivantes da colaboración da institución provincial, que se materializa "cunha mostra dunha artesanía galega de calidade e unha mellor gastronomía" no seu propio Espazo Deputación.

Espazo Deputación

O Espazo Deputación alberga un mercado de artesanía no que participan os seguintes artesáns: Acastrexa; Redeiras Artesás; Devalo; Bo Peixe; Na mea nani; Comeluz; Pepiña medias longas; Jerolas de cada una solo hay una; Hana No Boshi e Miña Terra.

Tamén contará con showookings a cargo da cociñeira de Muelle 43 (Mugardos), Naír González. E, ademais, inclúe concertos e outras actividades de dinamización como o Episodio musical da serie Artistas de Reserva; as actuacións musicais do grupo A Misela, Septeto Naborí, da banda de música da AC Xábrega e A Casa Troia. Animación infantil con Bico de Toupa; pasarrúas con Rondalla Trovadores; acuarela en directo con Blanca Escrigas; obradoiros de customización de prendas indianas con Chimpos; roteiro sobre o patrimonio indiano con Cayetano Lledó; pasarrúas co grupo de gaitas aresán, e cantaberneiros, pasarrúas e cantos de taberna con Jorge Vázquez Méndez.