Estás en:Novas

O relato O fío do tempo, do pontés Xosé María López Fernández, gaña a 13ª edición do concurso #hoxeescriboen

A entrega de premios terá lugar o 26 de setembro na Biblioteca Provincial, nun acto presidido polo vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira

O certame recibiu 104 obras de 90 persoas participantes, que puxeron en valor o patrimonio cultural e natural da provincia

O relato O fío do tempo, do pontés Xosé María López Fernández, gaña a 13ª edición do concurso #hoxeescriboen

Xurado

O relato O fío do tempo, de Xosé María López Fernández (As Pontes), foi elixido polo xurado como gañador da 13ª edición do concurso #hoxeescriboen "Relatos para viaxar polos concellos da provincia da Coruña". A obra, ambientada no Mosteiro de Monfero, conquistou ao tribunal do galardón pola súa intensidade literaria e pola capacidade de mergullar ao lector nun ambiente sobrecolledor que recrea o lugar como un espazo maldito, cunha linguaxe poderosa, descricións líricas e unha estrutura narrativa que se mantén firme ata o final.

O segundo premio correspondeu a Francisco Ascón Belver (Oleiros) por A tardiña de San Xoán, relato situado na Praia de Langosteira en Fisterra, que destaca pola súa forza visual e pola atmosfera de misterio que percorre toda a narración. O terceiro galardón foi para Raquel Martínez Rodríguez (Arteixo), autora de Onde está Velázquez?, ambientado nas Meninas do Canido en Ferrol, unha proposta fresca e dinámica que convida a mirar o patrimonio urbano como memoria colectiva e tamén como proxección de futuro.

O xurado, presidido por delegación polo vicepresidente Xosé Regueira, estivo integrado por Patricia Cernadas, Paula Cabado e Maite Loureiro, quen tamén exerceu como secretaria. En total avaliáronse 104 relatos presentados por 90 persoas, todos eles verificados previamente como obras orixinais e inéditas.

A entrega de premios celebrarase o 26 de setembro na Biblioteca Provincial da Coruña, nun acto presidido por Xosé Regueira. Ademais, para recoñecer a alta calidade do conxunto de traballos recibidos, a Deputación sorteou entre o resto de participantes trinta lotes de produtos gastronómicos da provincia, recibindo o premio os seguintes relatos:

O relato "O fío do tempo", de Xosé María López Fernández (As Pontes), foi elixido polo xurado como gañador da 13ª edición do concurso #hoxeescriboen "Relatos para viaxar polos concellos da provincia da Coruña". A obra, ambientada no Mosteiro de Monfero, conquistou ao tribunal do galardón pola súa intensidade literaria e pola capacidade de mergullar ao lector nun ambiente sobrecolledor que recrea o lugar como un espazo maldito, cunha linguaxe poderosa, descricións líricas e unha estrutura narrativa que se mantén firme ata o final.

O segundo premio correspondeu a Francisco Ascón Belver (Oleiros) por A tardiña de San Xoán, relato situado na Praia de Langosteira en Fisterra, que destaca pola súa forza visual e pola atmosfera de misterio que percorre toda a narración. O terceiro galardón foi para Raquel Martínez Rodríguez (Arteixo), autora de Onde está Velázquez?, ambientado nas Meninas do Canido en Ferrol, unha proposta fresca e dinámica que convida a mirar o patrimonio urbano como memoria colectiva e tamén como proxección de futuro.

O xurado, presidido por delegación polo vicepresidente Xosé Regueira, estivo integrado por Patricia Cernadas, Paula Cabado e Maite Loureiro, quen tamén exerceu como secretaria. En total avaliáronse 104 relatos presentados por 90 persoas, todos eles verificados previamente como obras orixinais e inéditas.

A entrega de premios celebrarase o 26 de setembro na Biblioteca Provincial da Coruña, nun acto presidido por Xosé Regueira. Ademais, para recoñecer a alta calidade do conxunto de traballos recibidos, a Deputación sorteou entre o resto de participantes trinta lotes de produtos gastronómicos da provincia, recibindo o premio os seguintes relatos:

  • As agullas das brétemas.
  • Onde morren as promesas.
  • A lenda da Marola.
  • O vello Antián do Castro.
  • Cos cinco sentidos.
  • 43°46'15.2'' N. / 7°52'10.8'' O. Cartografía da memoria.
  • El paseo de San Antón.
  • O segredo.
  • Legado ancestral.
  • A voz da Moura.
  • As dúas torres.
  • O cesáreo.
  • Cambio de rumbo.
  • O bote MARUXA.
  • Tristura, poesía e lume.
  • O descenso do Anllóns.
  • Os caladiños.
  • Noite meiga en Monte Neme.
  • Museos que atesoran cicatrices.
  • El guante de Lady Hester.
  • Salvar unha ría.
  • Xela na Biblioteca.
  • A última de Conxo, do que é autora Alba Sánchez Ares.
  • Promesa, do que é autora Teresa Moreno Pena.
  • O can de Urko que fuxiu do seu acometido, do que é autor Jorge Veiga López.
  • Secundino, unha ánima moi animada, do que é autora Mónica Corzo Brañas.
  • A historia que a min me contaron, do que é autora Eva María Carro Vázquez.
  • Brumosa carga, do que é autor José Troca García.
  • Onde o Barcés rumorea, do que é autora Sylvia Martín Cabanas.
  • Bivalva de gramínea, do que é autora Beatriz Blanco Filgueira.