ACTIVIDADES POLO DÍA DA BIBLIOTECA NA BPDC

24 de Outubro, Día Internacional da Biblioteca
ORIXE DO DÍA DAS BIBLIOTECAS
Dende o 24 de outubro de 1997 vén celebrándose o Día Internacional da Biblioteca, co obxecto de non esquecer o que significou a destrución da Biblioteca de Saraievo, incendiada e arrasada en 1992.
O Día das Bibliotecas nace en resposta a destrución da Biblioteca de Saraievo durante a Guerra dos Balcáns como parte das campañas de limpeza étnica que tiveron como obxectivo principal a poboación bosníaca da cidade. Accións similares de destrución e borrado cultural seguen a ter lugar nos diversos conflitos armados activos a día de hoxe.
Nesta efeméride, desde a Biblioteca Provincial da Coruña, queremos reivindicar o papel das bibliotecas como espazos memoria colectiva e inclusión social facendo noso, como cada día, o lema adoptado polo Ministerio de Cultura 2019 "aptas para todos os públicos".
Ademais este ano o Día das Bibliotecas tamén reivindica o seu como vehículos para a consecución dos Obxectivos de Desenrolo Sostible da Axenda 2030. Coa intención de fomentar o debate sobre eles fixemos unha pequena selección de recursos dispoñibles noso fondo que vos invitamos a explorar. Agardamos que sexan do vos interese e nos suxirades aqueloutros que consideredes apropiados para reflexionar sobre estes retos os que se enfronta a sociedade.
ACTIVIDADES DA BPDC
VISITAS GUIADAS
Visita guiada Día das Bibliotecas.
Lugar: Vestíbulo da biblioteca
Día: 24 de outubro, ás 12.00 e ás 17:00 h.
Prazas: 15 prazas en cada quenda
Forma de inscrición: no mostrador de información ou chamando ao 981 415 176 a partir do día 6 de outubro
VISITA Á BIBLIOTECA DE CENTROS EDUCATIVOS
No mes da biblioteca recibimos a visita de varios grupos de Institutos da provincia que veñen a coñecer os tesouros da biblioteca. Se precisas unha visita para o teu centro educativo podes enviar un correo a biblioteca.info@dacoruna.gal ou chamando ao 981 415 176
Nesta semana visitarán a BPDC o Instituto Puga Ramón da Coruña no seguinte horario:
Día 20 de outubro ás 10:30 h
Día 21 de outubro ás 10:30 h
Día 22 de outubro ás 10:30 h
Día 23 de outubro ás 10:30 h
ENCONTRO DIXITAL NO CLUB EBIBLIODACORUNA SOBRE EDUARDO MENDOZA
- Sala: Compartindo Lecturas
- Día: 27 outubro de 2025 ás 20:00 h. a través da plataforma MEET.
- Lectura a comentar: "La ciudad de los prodigios", de Eduardo Mendoza. Lectura do 29 de setembro ao 31 de outubro na sala COMPARTIENDO LECTURAS
RECUNCHOS SOBRE BIBLIOTECAS E LITERATURA
Guía de lectura e recunchos sobre mundo da literatura e as bibliotecas na sección de préstamo e xuvenil.
Na ebibliodacoruna faremos unha selección sobre a mesma temática.
Podes consultar a Guía aquí: Guía de lectura_Día Da Biblioteca