A cidade dos prodixios (Eduardo Mendoza)
Na sala dedicada á literatura universal do eBiblioDaCoruna Club Lector, Compartindo lecturas, imos celebrar unha xuntanza entre persoas lectoras da obra "La ciudad de los prodigios" de Eduardo Mendoza

Reunímonos na sala Compartindo lecturas do club dixital eBiblioDaCoruna:
- Obra: La ciudad de los prodigios
- Autor: Eduardo Mendoza
- Sala: Compartindo lecturas
- Moderadora: Patricia Cernadas
- Encontro: 27 de outubro ás 20h.
Agardámosvos!
Clubs de Lectura virtuais da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
Darse de alta na eBiblio (Biblioteca Dixital da Deputación da Coruña)
- No seguinte enlace poderás darte de alta na nosa biblioteca dixital: https://forms.gle/uyXWBZcUDi2TjhxA8
- Se xa formas parte da biblioteca dixital, só tes que seguir aquela/s sala/s que máis che interese.
Que é eBiblioDaCoruna Club Lector
eBiblioDaCoruna Club Lector é un espazo en liña para ler, comentar e compartir lecturas de xeito virtual.
Está aberto a totas as persoas usuarias das Bibliotecas Municipais da provincia e da Biblioteca Provincial.
Para poder formar parte deste club de lectura virtual é preciso primeiro formar parte da biblioteca dixital eBiblioDaCoruna
Pertencer ao club lector non ten ningún custo, e está aberto a que poidas usalo as 24 horas do día os 365 días do ano.
O club conta, a día de hoxe, con catro salas:
- Tinta e equidade: é un club dixital de lecturas en igualdade de xénero en colaboración entre a área de Políticas de Igualdade de Xénero e a Biblioteca da Deputación. Este club completa o catálogo de actividades en igualdade que teñen como obxectivo achegarse ao conxunto da poboación da provincia, viva onde viva e teña a idade que teña.
- Páxinas de orgullo: é un club especializado en lecturas LGTBiQ+ en colaboración entre a área de Políticas de Igualdade de Xénero e a Biblioteca da Deputación. A Deputación da Coruña leva anos facendo un importante traballo para visibilizar a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero, e co propósito de normalizar e sensibilizar á sociedade sobre as diversidades sexuais.
- Arredor dos libros dedicado a escritores ou obras en galego.
- Compartindo lecturas, no que se percorren libros e autores da literatura universal.
Máis información en: https://dacoruna.gal/biblioteca/ebibliodacoruna/