Estás en:Novas
Accións da BPDC na provincia da Coruña

I XORNADA DAS BIBLIOTECAS DA PROVINCIA DA CORUÑA

A Biblioteca Provincial da da Deputación da Coruña convoca a I Xornada das Bibliotecas da Provincia da Coruña, unha xornada de formación, traballo conxunto, convivencia e debate destinada a todo o persoal traballador das bibliotecas municipais da provincia da Coruña.

I XORNADA DAS BIBLIOTECAS DA PROVINCIA DA CORUÑA

I XORNADA DAS BIBLIOTECAS DA PROVINCIA DA CORUÑA
Organiza: Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

Venres 21 de novembro de 2025

Pazo de Mariñán ( Bergondo)

Programa:

• 9:30 horas.- Acreditación de asistentes.

• 10:00 horas.- Benvida institucional.

• 10:15 horas.- "A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña, unha xanela aberta á provincia". Carmen Ferreiro Villaverde.

• 10:30 horas.- " Unha visión das bibliotecas Municipais". Raquel Herrero Álamo da Biblioteca Municipal de Culleredo.

• 11:00 horas.- "A creación literaria dende as bibliotecas". Pedro Feijoo.

• 11:30 horas.- Pausa café

• 12:15 horas.- "O futuro dos profesionais da documentación: formación universitaria no século XXI" Javier Ruiz Astiz. Coordinador do Máster en Museos, Arquivos e Bibliotecas da UdC.

• 12:45 horas.- Mesa redonda : "Realidades na xestión das Bibliotecas Municipais":

- Biblioteca Municipal de Rianxo: Sofía Carou Ces
- Biblioteca Municipal de Betanzos: Ángel Arcay Barral
- Biblioteca Municipal da Coruña: Mª Milagros García Pérez
- Biblioteca Municipal de Ortigueira: María José Vilasánchez
- Biblioteca Municipal de Carballo: Santiago Daviña Pérez-Schofield

• 14:00 horas.- Almorzo.
• 15:30 horas.- Mesas de traballo.
• 16:30 horas.- Conclusións das mesas de traballo e peche da xornada.
• 17:00 horas.- Visita ao Pazo de Mariñán ( Actividade opcional con prazas limitadas).

DESCRICIÓN DA XORNADA

A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña convoca a I Xornada das Bibliotecas da Provincia da Coruña, unha xornada de formación, traballo conxunto, convivencia e debate destinada a todo o persoal traballador das bibliotecas municipais da provincia da Coruña.

Durante un día completo de traballo as persoas participantes poderán escoitar a diversos relatores e relatoras de relevancia no eido da biblioteconomía, a literatura e a xestión cultural, debater sobre o traballo diario das bibliotecas municipais da provincia da Coruña e traballar conxuntamente para establecer as metas a alcanzar nos vindeiros anos dentro do sector.

A xornada contará con relatorios en horario de mañá e tarde, talleres de traballo conxunto, visita guiada ao Pazo de Mariñán e un almorzo de convivencia.

FORMULARIO DE PREINSCRICIÓN

Podes facer a túa preinscrición cubrindo o formulario de participación antes do 12 de novembro.

A xornada está aberta ao persoal dos 93 concellos da provincia da Coruña que traballen ou teñan relación coas bibliotecas dos seus concellos, xa que nos gustaría crear unha diagnose viva do ámbito bibliotecario provincial.

FORMULARIO DE DE PREINSCRICIÓN

Información e contacto en:

Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

biblioteca.info@dacoruna.gal e no 981 415 175

I-Xornadas-Bibliotecas_Provincial_IG.jpg