Embelecemento do litoral - Data límite 12/11/2025
Convocatoria:
Subvencións a establecementos turísticos para actuacións de embelecemento do litoral galego.
Beneficiarios:
Persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos turísticos de aloxamento e de restauración situados en municipios costeiros, dentro do marco xeográfico do litoral de Galicia e que estén autorizados ou clasificados na REAT.
Gastos subvencionables:
- Liña 1: eficiencia enerxética: instalacións de iluminación para reducir o consumo de enerxía de edificios completos, locais ou partes do edificio destinado a establecemento turístico.
- Liña 2: dixitalización de recursos con potencial turístico no litoral: Gastos derivados da transformación dixital.
- Liña 3: mellora da fachada turística do litoral: revestimento, pintado, cerraxería, etc.
Contía da subvención:
O investimento neto admitido será, como máximo:
- liña 1: ata 25.000,00 €.
- liña 2: ata 15.000,00 €.
- liña 3: ata 250.000,00 €.
A intensidade da axuda será ata un 80 % do custo total subvencionable do proxecto.
Prazos e Presentación:
Prazo de presentación: 02/09/2025 - 12/11/2025
Período de gastos subvencionables: 01/01/2025 - 30/06/2026
Documentación e Bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica procedemento
Contacto:
Agencia de Turismo de Galicia
Teléfono: 981 540 146 - 981 546 360
E-mail: fomento.turismo@xunta.gal

