Obradoiro "Ramas Literarias" en Fene e Neda
A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña achega actividades de animación á lectura e o desenvolvemento de habilidades creativas e da escritura, ás persoas usuarias das Bibliotecas da provincia da Coruña.
Neste mes achegámonos a Fene e Neda para levar a cabo o obradoiro "Ramas Literarias"
Agardámosvos a todas!
Como noutras ocasións, estas actividades non supoñen custo para os concellos nin para as persoas participantes.
OBRADOIROS DE RAMAS LITERARIAS
Datas próximas:
- 13 de Novembro 2025 en Fene
- 27 de Novembro 2025 en Neda
Con este taller dámoslle a oportunidade aos nenos/as de reflexionar sobre aquela historia ou historias que son importantes na súa vida literaria. Facendo unha metáfora utilizando a figura das árbores, personalizarán no tronco e nas súas ramas con elementos escritos ou decorativos relacionados con ditas historias. Un taller idóneo para que os nenos e as nenas traballen con variados materiáis como latas, ramas, la, etc.. vinculándoos de xeito creativo coa literatura.
DETALLES DA ACTIVIDADE:
- Duración: 90 min.
- Participantes: rapazada de 6 e 11 anos
- Prazas: 18 por sesión.
- Todos os materiais para levar a cabo a actividades están incluidos
- Incrición: Na Biblioteca onde ten lugar o taller
Vindeiras sesións:
04/12/2025 - Laxe
11/12/2025 - Betanzos
08/01/2026 - O Barqueiro
22/01/2026 - Ortigueira
12/02/2026 - Paderne
26/02/2026 - Cedeira
26/03/2026 - A Pobra do Caramiñal
09/04/2026 - Frades
16/04/2026 - As Pontes
23/04/2026 - Valdoviño
30/04/2026 - Zas
07/05/2026 - Coristanco
14/05/2026 - Padrón
28/05/2026 - Vimianzo
