Estás en:Novas
ebiblioDaCoruna Club Lector

Persuasión (Jane Austen)

Nova lectura na sala dedicada á literatura universal do eBiblioDaCoruna Club Lector, Compartindo lecturas, a obra "Persuasión" (Do 20 de novembro ao 15 de decembro)

Acompáñasnos nesta nova singradura?

Persuasión (Jane Austen)

Comezamos lectura na sala Compartindo lecturas do club dixital eBiblioDaCoruna:

  • Obra: Persuasión
  • Autor: Jane Austen
  • Sala: Compartindo lecturas
  • Moderadora: Patricia Cernadas

Sobre a obra 

Persuasión, a última novela que nos legou Jane Austen, narra a nobre historia de amor que brotou entre Anne Elliot e o capitán Wentworth. Tras as exitosas manobras da familia de Anne para persuadila de que o rexeite pola súa baixa condición social, a moza parella sepárase. Pero as penosas circunstancias nas que se ve envolvida a familia de sir Elliot propician, tras algúns anos apartada, que a vella parella volva atoparse.

Sobre a autora

Jane Austen (Steventon, 1775 – Winchester, 1817).

Considerada hoxe a primeira gran novelista da literatura inglesa, contou con certo recoñecemento en vida, a pesar de que non alcanzou a posición canónica que ocupa hoxe ata moito despois. Foi a sétima e penúltima filla do reverendo de Steventon e viviu sempre cos seus pais, irmáns e sobriños en Hampshire e Bath.

Educada na casa e cunha vasta biblioteca á súa disposición, adoptou a afección da escritura desde moi nova e os seus primeiros relatos consérvanse no seu Juvenilia. Escribiu os borradores de Sentido e sensibilidade e Orgullo e prexuízo antes de cumprir os vinte e dous anos, aínda que non se publicarían ata 1811 e 1813, respectivamente. Despois seguiríanlles Mansfield Park, Emma, A abadía de Northanger e Persuasión. A piques de cumprir os corenta e un anos, comezou a escribir Sanditon, que deixaría inacabada ao falecer prematuramente.

Aínda que nun inicio publicou as súas novelas de forma anónima, á súa morte Jane asinara case todos os seus libros co seu nome. O vigor irónico da súa prosa e a complexidade dos seus personaxes fan da súa obra un punto de referencia ineludible na historia da literatura universal.

---

Se aínda non formas parte do club de lectura, dáte de alta!

Poderás compartir e comentar desde calquera lugar e en calquera momento.

Toda a información sobre os Clubs aquí

Agardámosvos!