Kit Espazos de Datos - Data límite 31/03/2026
Convocatoria:
Axudas destinadas á transformación dixital dos sectores produtivos estratéxicos mediante o fomento da adaptación e incorporación de participantes aos espazos de datos.
Obxectivos:
- Financiar os custos incorridos polas persoas participantes no proceso de incorporación efectiva a un espazo de datos das entidades públicas e privadas.
- Fomentar o compartillamento dos datos entre entidades.
- Escalar ecosistemas de datos e casos de uso.
Persoas beneficiarias:
Entidades públicas e privadas e administracións públicas.
Gastos subvencionables:
- Gastos de persoal propio.
- Gastos de contratación de servizos.
- Gastos de adquisición de produtos para a preparación dos datos e a conexión a un espazo de datos.
Será condición necesaria para obter a condición de persoa beneficiaria realizar a incorporación efectiva dunha participante a un espazo de datos ou ben a incorporación efectiva avanzada como provedor a un espazo de datos.
Contía da subvención:
Entidades públicas e privadas:
• Incorporación efectiva dunha persoa participante: ata 15.000 €
• Incorporación efectiva avanzada como provedor: ata 30.000 €
Administracións públicas:
• Incorporación efectiva dunha persoa participante: ata 25.000 €
• Incorporación efectiva avanzada como provedor: ata 50.000 €
Prazos e presentación:
Prazo de presentación: 03/11/2025 ás 11:00 h ata 31/03/2026 ás 11:00 h.
Documentación e bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica
Contacto:
Red.es
Teléfono:900 909 001
MÁIS CONVOCATORIAS
Máis información:
OFICINA NEXT
Teléfonos: 881 045 900 / 617 675 400
Correo-e: nextdeputacion@dacoruna.gal
