Estás en:Novas
A BPDC NA PROVINCIA

Curso de manexo de teléfomos intelixentes (smartphone) en Ares

Do 2 ao 23 de decembro de 2025, a Biblioteca Provincial achegará á Biblioteca Municipal de Ares un curso orientado a persoas adultas sobre manexo de teléfonos intelixentes.

A matrícula xestionase na Biblioteca Municipal onde se imparte.

Curso de manexo de teléfomos intelixentes (smartphone) en Ares

CURSO DE CAPACITACIÓN DIXITAL PARA ADULTOS: MANEXO DE SMARTPHONES

O curso impartirase en 4 sesións, de 90 minutos cada unha, orientados a persoas adultas, cun total de 6 horas de duración, cun máximo de 12 participantes.

OBXECTIVOS

• Maior independencia: permite ás persoas maiores comunicarse con familiares e amigos, acceder a información e servizos en liña, e realizar trámites de forma máis autónoma.
• Redución da fenda dixital: axuda a pechar a brecha tecnolóxica entre xeracións e evita a exclusión social.
• Estimulación cognitiva: o uso de novas tecnoloxías pode axudar a manter a mente activa e mellorar a memoria e a concentración.
• Entretemento e lecer: permite acceder a unha ampla variedade de contidos multimedia, xogos e redes sociais.
• Seguridade e tranquilidade: ao coñecer as funcións básicas de seguridade, as persoas maiores poden utilizar os seus dispositivos con maior confianza.

CONTIDOS

Conceptos básicos:

  • Introdución ao hardware e software dun teléfono intelixente.
  • Explicación de termos técnicos comúns.
  • Funcionamento da pantalla táctil e botóns.
  • Configuración inicial do dispositivo (idioma, data, hora etc.)/ etc.).

Chamadas e mensaxes:

  • Realizar e recibir chamadas.
  • Enviar e recibir mensaxes de texto e multimedia.
  • Xestionar contactos.

Aplicacións esenciais:

  • Instalación e uso de aplicacións de uso común como WhatsApp, Youtube, Facebook, etc.
  • Navegación web segura.
  • Uso de correo electrónico.

Configuración do dispositivo:

  • Axustes de brillo e tamaño de texto para facilitar a lectura.
  • Modo fácil ou modo sinxelo para simplificar a interface.
  • Configuración de accesos directos a aplicacións frecuentes.
  • Uso de asistente de voz.

Seguridade e privacidade:

  • Consellos para evitar estafas e fraudes en liña.
  • Protección de datos persoais.
  • Uso de contrasinais seguros.

Resolución de problemas básicos:

  • Como reiniciar o teléfono.
  • Como buscar axuda en liña.
  • Como contactar ao servizo técnico.