Estás en:Novas
Nadal 2025

Trasnadas na BD

#TrasnadasNaBD

Este ano traémosvos un enredo de Nadal para ir preparando as festas. Acompáñasnos a descubrir que está a pasar na Biblioteca Provincial estes días?

Trasnadas na BD

#TrasnadasNaBD

Na Biblioteca Provincial estamos en alerta!
Unha misteriosa personaxe roldaba o edificio e... semella que se coou dentro!
Que pasará agora? como imos dar con el antes que se lle dea por facer algunha falcatruada?
Se queres seguir a nosa pescuda, e axudarnos a atopar a este trasnx fedellx, non te perdas as publicacións dos vindeiros días.

No noso Instagram e no Facebook da Biblioteca Provincial podedes seguir a nosa campaña #trasnadasnabd. Cada día publicaremos un contido cos nosos trasniños!

Seguiremos informando...