Estás en:Novas
Biblioclip, música dende a BPDC

“Como elixiu o teu corazón?”

Tema: Jane Austen

Canción: "Only Time", Enya

...As your heart chose?...

“Como elixiu o teu corazón?”

Unha dama precursora da novela realista.

Quen non coñece a Jane Austen? Naceu o 16 de decembro de 1775 en Steventon, Inglaterra. Foi a filla de George Austen, un pastor anglicano, e Cassandra Leigh. Desde moi nova, mostrou un grande interese pola lectura e a escritura. Sendo unha adolescente, comezou a redactar as primeiras versións das novelas que máis tarde serían publicadas. Mais, a pesar do seu talento, lograr que publicasen das súas obras non resultou fácil. Finalmente, en 1811 conseguiría publicar Sentido e sensibilidade, co seudónimo de "unha dama".

A súa escrita destaca por desenvolver personaxes complexos e realistas; usar o humor e a ironía, dos que se vale para criticar a sociedade do seu tempo; empregar a diálogos vivos e cheos de enxeño; presentar en detalle a sociedade na que vive, aludindo aos costumes, os valores ou os problemas do seu tempo; presentar tramas coidadosamente estruturadas; e explorar temas universais, que conectan cos lectores de todas as épocas, como o amor, o matrimonio, a moralidade e a procura da felicidade.

Jane Austen publicou seis novelas durante a súa vida, hoxe todas son consideradas clásicos da literatura inglesa. Unha escritora moi valorada polos autores ingleses de todas as épocas, desde Virginia Woolf ata Helen Fielding.

A escritora que cuestionou e defendeu o papel da muller, xa nos primeiros anos século XIX.

Vídeo
YouTube: https://youtu.be/eStCSUBJXAM?si=j2KzfRAtkSxUdEXK

Música
Spotify: https://open.spotify.com/intl-es/track/6FLwmdmW77N1Pxb1aWsZmO

Recomendacións lectoras
Papel:
• "Persuasión", Jane Austen [sinatura: GAL N 180]
• "Miss Austen", Gill Hornby [sinatura: 3A/6332]
• "Jane Austen en la intimidad: una biografía de la vida cotidiana de la escritora y su época", Lucy Worsley [sinatura: 3Z/2295]
• "Cartas", Jane Austen [sinatura: 3Z/1652]
• "Los Watson", Jane Austen [sinatura: 3S/7338]
• "Juicio y sentimiento", Jane Austen [sinatura: 3S/6934]
• "Mansfield Park", Jane Austen [sinatura: 3S/6143]
• "El Castillo de Lesley y otras historias de juventud", Jane Austen [sinatura: 3S/4054]
• "Jane Austen, una vida", Claire Tomalin [sinatura: 3A/2705]
• "Orgullo, prejuicio, tú y yo", Rachael Lippincott [sinatura: N LIP org / m]
• "Emma", Jane Austen ; adaptación de Care Santos [sinatura: N AUS emm / v]
• "16 Mujeres muy, muy importantes: libro para los que quieren conocer a algunas de las mujeres más importantes de la historia", Jordi Sierra i Fabra [sinatura: 929 SAB / r]

Dixital:
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/o-mundo-de-jane-austen-00494076
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/jane-austen-investiga-00440075
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/la-sociedad-jane-austen-00169435
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/tras-los-pasos-de-jane-austen-00095473
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/la-abadia-de-northanger-00144113
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/lady-susan-00353018
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/persuasion-sanditon-00494378
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/cuentos-de-buenas-noches-para-ninas-rebeldes-100-historias-de-mujeres-extraordinarias-00032040

Audiolibro:
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/en-los-margenes-00184794
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/emma-00344201
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/orgullo-y-prejuicio-00048326
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/sentido-y-sensibilidad-00048327