Estás en:Novas
A BPDC NA PROVINCIA

Curso de manexo de teléfonos intelixentes (smartphone) en Miño

Do 7 ao 28 de xaneiro de 2026, a Biblioteca Provincial achega a Miño un curso orientado a persoas adultas sobre o manexo de teléfonos intelixentes.

A incrición xestionase na biblioteca ou axencia de lectura onde se imparte.

Curso de manexo de teléfonos intelixentes (smartphone) en Miño

CURSO DE CAPACITACIÓN DIXITAL PARA PERSOAS ADULTAS: MANEXO DE SMARTPHONES

O curso impartirase en 4 sesións, de 90 minutos cada unha, orientado a persoas adultas, cun total de 6 horas de duración e cun máximo de 12 participantes.

OBXECTIVOS

• Maior independencia: permítelles ás persoas maiores comunicárense con familiares e amizades, accederen a información e servizos en liña e realizaren trámites de forma máis autónoma.
• Redución da fenda dixital: axuda a cerrar a brecha tecnolóxica entre xeracións e evita a exclusión social.
• Estimulación cognitiva: o uso de novas tecnoloxías pode axudar a manter a mente activa e mellorar a memoria e a concentración.
• Entretemento e lecer: permite acceder a unha ampla variedade de contidos multimedia, xogos e redes sociais.
• Seguridade e tranquilidade: ao coñecer as funcións básicas de seguridade, as persoas maiores poden utilizar os seus dispositivos con maior confianza.

CONTIDOS

Conceptos básicos

  • Introdución ao hardware e software dun teléfono intelixente.
  • Explicación de termos técnicos comúns.
  • Funcionamento da pantalla táctil e botóns.
  • Configuración inicial do dispositivo (idioma, data, hora etc.)

Chamadas e mensaxes

  • Realizar e recibir chamadas.
  • Enviar e recibir mensaxes de texto e multimedia.
  • Xestionar contactos.

Aplicacións esenciais

  • Instalación e uso de aplicacións de uso común como WhatsApp, Youtube, Facebook etc.
  • Navegación web segura.
  • Uso de correo electrónico.

Configuración do dispositivo

  • Axustes de brillo e tamaño de texto para facilitar a lectura.
  • Modo fácil ou modo sinxelo para simplificar a interface.
  • Configuración de accesos directos a aplicacións frecuentes.
  • Uso de asistente de voz.

Seguridade e privacidade

  • Consellos para evitar estafas e fraudes en liña.
  • Protección de datos persoais.
  • Uso de contrasinais seguros.

Resolución de problemas básicos

  • Como reiniciar o teléfono.
  • Como buscar axuda en liña.
  • Como contactar co servizo técnico.