Estás en:Novas
A BPDC NA PROVINCIA

Obradoiro "Ramas Literarias" no Barqueiro

A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña achégalles actividades de animación á lectura e o desenvolvemento de habilidades creativas e da escritura ás persoas usuarias das bibliotecas da provincia da Coruña.

Neste mes achegámonos ao Barqueiro e Ortigueira para levar a cabo o Obradoiro "Ramas Literarias"

Agardámosvos a todas!

Obradoiro


Como noutras ocasións, estas actividades non supoñen custo para os concellos nin para as persoas participantes.


OBRADOIROS DE RAMAS LITERARIAS

Data próxima:

  • 8 de xaneiro de 2026 no Barqueiro
  • 22 de xaneiro de 2026 en Ortigueira

Con este taller dámoslles a oportunidade ás nenas e nenos de reflexionar sobre aquelas historias que son importantes na súa vida literaria. Facendo unha metáfora coa figura das árbores, personalizarán o tronco e as súas ramas con elementos escritos ou decorativos relacionados coas ditas historias. Un taller idóneo para que os nenos e as nenas traballen con variados materiais como latas, ramas, la, etc. vinculándoos de xeito creativo coa literatura.

DETALLES DA ACTIVIDADE

  • Duración: 90 min. 
  • Participantes: rapazada de 6 e 11 anos
  • Prazas: 18 por sesión.
  • Todos os materiais para levar a cabo a actividades están incluídos
  • Inscrición: na biblioteca onde ten lugar o taller

Vindeiras sesións:

22/01/2026 - Ortigueira
12/02/2026 - Paderne
26/02/2026 - Cedeira
26/03/2026 - A Pobra do Caramiñal
09/04/2026 - Frades
16/04/2026 - As Pontes
23/04/2026 - Valdoviño
30/04/2026 - Zas
07/05/2026 - Coristanco
14/05/2026 - Padrón
28/05/2026 - Vimianzo

Tes toda a información de cada actividade https://www.dacoruna.gal/biblioteca/servizos-provincia/#Actividades+nas+Bibliotecas+Municipais+da+Provincia+%28+25%2F26%29