Obradoiro de "lettering" en Santa Comba e Zas
A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña achégalles actividades de animación á lectura e o desenvolvemento de habilidades creativas e da escritura ás persoas usuarias das bibliotecas da provincia da Coruña.
Neste mes achegámonos a Santa Comba e Zas para levar a cabo un obradoiro de rotulación ou "lettering" para a mocidade.
Agardámosvos a todas!
OBRADOIRO DE ROTULACIÓN OU LETTERING
O lettering é a arte de debuxar letras, non simplemente escribilas. Céntrase na estética e o deseño das letras, buscando crear composicións visualmente atractivas. A diferenza da caligrafía, que se enfoca na escritura fluída e correcta, o lettering permite maior liberdade creativa para experimentar con diferentes estilos, formas e efectos, adaptándose a unha mensaxe ou concepto específico.
Próximas datas:
- 12 de xaneiro de 2026, en Santa Comba
- 26 de xaneiro de 2026, en Zas
DETALLES DA ACTIVIDADE
- Impartido por NACU, artesá das letras especializada en caligrafía.
- Orientados á mocidade de 12 e 16 anos
- Prazas dispoñibles: 15 persoas
- Incrición no centro onde se imparte
Como noutras ocasións, estas actividades non supoñen custo para os concellos nin para as persoas participantes.
SEGUINTES DATAS
- 9 de febreiro: As Pontes
- 23 de febreiro: Melide
- 16 de marzo: Oroso
- 30 de marzo: Coristanco
- 13 de abril: A Pobra do Caramiñal
- 27 de abril: Cee
- 11 de maio: San Sadurniño
- 25 de maio: Dodro
- 8 de xuño: Padrón
Toda a información sobre as actividades da Biblioteca Provincial na Provincia aquí.
