Un mar de cambios. O cambio climático na costa de Galicia
Obradoiro infantil: Un mar de cambios. O cambio climático na costa de Galicia.
Realizarase nos meses de febreiro de e marzo de 2026.
Realizarase en colexios dos concellos de Moeche, Ares, Oleiros, Bergondo, A Laracha, Camariñas, Curtis, Brión, Santa Comba e Porto do Son.
Modalidade/Sede:
Presencial en colexios dos concellos de Moeche, Ares, Oleiros, Bergondo, A Laracha, Camariñas, Curtis, Brión, Santa Comba e Porto do Son.
Duración:
Cada obradoiro durará 2 horas e media.
Datas:
Febreiro e marzo de 2026.
Destinatarios/as:
Alumnado de 4.º, 5.º e 6.º de educación primaria.
Obxectivos:
Que o alumnado coñeza o medio mariño de Galicia, saiba da súa importancia e os efectos que ten o cambio climático na riqueza mariña, de feito que poidan coñecer en que situación se atopan os mares e como seren partícipes da súa conservación.
Metodoloxía e contido:
1.ª parte: Charla participativa (1 hora e 15 minutos) na que se detallará como o cambio climático está a cambiar os fondos mariños galegos; presentaranse diferentes especies animais en risco e reflexionarase sobre o noso papel para nos enfrontarmos a esa situación.
2.ª parte: Abordaxe práctica e creativa (1 hora e 15 minutos) na que o alumnado experimentará o mergullo nos fondos galegos mediante catro lentes de realidade virtual. Durante as quendas coas lentes de 360º e de xeito paralelo, o alumnado realizará ilustracións en acuarela de especies que están especialmente ameazadas no noso litoral.
