Obradoiro infantil: Coidamos o mar sen plásticos
Obradoiro infantil: Coidamos o mar sen plásticos.
Realizarase nos meses de febreiro e marzo de 2026.
Impartirase en colexios dos concellos de Ortigueira, Pontedeume, Culleredo, Cerceda, Carballo, Cee, Sobrado, Vedra, O Pino e Rianxo.
Modalidade/Sede:
Presencial en colexios dos concellos de Ortigueira, Pontedeume, Culleredo, Cerceda, Carballo, Cee, Sobrado, Vedra, O Pino e Rianxo.
Duración:
Cada obradoiro durará 1 hora e media.
Datas:
Febreiro e marzo de 2026.
Destinatarios/as:
Alumnado de Educación Primaria.
Obxectivos:
- Darlle a coñecer ao alumnado como o uso excesivo de plástico está a afectar á vida mariña.
- Introducir na posta en práctica de hábitos de vida sostibles e respectuosos co medio ambiente.
- Estimular a expresión de ideas e a reflexión sobre as accións que lle afectan ao planeta, mediante xogos e dinámicas participativas.
- Promover a empatía e o compromiso colectivo, facéndolle ver ao alumnado que todos e todas temos un papel importante na construción dunha convivencia máis sostible.
Metodoloxía e contido:
O obradoiro, baseado nunha metodoloxía participativa e lúdica, desenvolverase a través dos seguintes bloques:
- Coñecemento da presenza de plásticos no mar, e no medio ambiente en xeral, e alternativas para levar unha vida máis sostible.
- Aprendizaxe a través de diferentes xogos e actividades participativas.
