Estás en:Novas
ebiblioDaCoruna Club Lector

Arredor dos libros e Compartindo Lecturas: os clubs de lectura que continúan a súa actividade ata xuño

Renovamos dúas das salas que xa formaban parte dos Clubs de lectura da Biblioteca dixital.

Acompáñanos de novo na lectura en liña compartida!

Arredor dos libros e Compartindo Lecturas: os clubs de lectura que continúan a súa actividade ata xuño

Co comezo de ano e debido a axustes técnicos, as salas Arredor dos libros e Compartindo lecturas foron reeditadas. As persoas que seguiades os clubs deixastes de facelo e queremos que regresedes.

Se tedes interese en seguir formando parte desta comunidade virtual para ler xuntas e xuntos, só tedes que volver premer no botón "Seguir experiencia" do club ou clubs que queirades.

Explicámoscho paso a paso:

1. Identifícate. Na web https://ebiblio.dacoruna.gal/ introduce o teu usuario (enderezo electrónico co que te deches de alta na Biblioteca dixital) e o contrasinal.

2. Engade a favoritos. Este paso non é obrigado, pero recomendámosche facelo para teres sempre á man o acceso ao club ou clubs que segues.

3. Entra na sala. No botón indicado, preme para acceder.

4. Sigue a experiencia. Dálle a "seguir" para formar parte da comunidade virtual.

Agardámosvos cun feixe de lecturas do máis interesantes.

Programación de febreiro a xuño:

  • 03/02 a 05/03 El palacio de la luna, de Paul Auster, na sala Compartindo lecturas
  • 02/03 a 16/03 Historia das mulleres galegas, de Pepe Carreiro, na sala Arredor dos libros 
  • 18/03 a 01/04 Con, de Míriam Reyes (Premio Nacional de Poesía 2025), na sala Arredor dos libros e Compartindo lecturas
  • 02/04 a 20/05 Los apóstatas, de Gonzalo Celorio (Premio Cervantes 2025), na sala Compartindo lecturas
  • 12/05 a 15/06 Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño (Letras galegas 2026), na sala Arredor dos libros 

Que o que separou a tecnoloxía o volva xuntar a paixón pola lectura!

Deixámosvos un "Paso a paso" por se xurdisen dúbidas de como facelo.

Igualmente podedes consultarnos a través do enderezo biblioteca.info@dacoruna.gal ou no teléfono 981 415 176.