Estás en:Novas
#BookFaceFriday

Sexta edición do BookFaceFriday

6 anos e non paramos! Xa podedes desfrutar dunha nova edición da mostra que recolle todos os bookfaces que publicamos cada venres nas nosas redes sociais, recopilando neste ocasión as fotos de 2025. 

Sexta edición do BookFaceFriday

A estas alturas é moi dificil que non saibades de que vai o proxecto bookfacefriday, pero por se queda algunha persoa despistada, contámosvos que é un movemento a nivel mundial, que comezou alá polo 2014 en Twitter e Instagram a iniciativa da Biblioteca Pública de Nova York, e que agora mesmo xa é un habitual das actividades bibliotecarias.

Co cancelo #bookfacefriday, todos os venres bibliotecas de diversos lugares do mundo coinciden en publicar recomendacións de libros dos seus fondos dun xeito orixinal, que consiste en seleccionar a portada e completala e ambientala con persoas e escenarios reais.

A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña adheriuse en novembro de 2019, contando cada vez con máis persoas adeptas e seguidoras que están a desexar que chegue o venres para saber con que imos sorprender desta vez.

Este pasado novembro de 2025, completamos xa outro reto de publicar 52 fotografías (1 por semana) que permitan atraer novas persoas lectoras, e sobre todo incitar ao público que as vexa a ver a literatura con outra ollada e interesarse polos argumentos dos libros que recomendamos, que procuramos que sexan do máis variado, pero tamén relacionados con datas sinaladas ou especiais.

Con esta exposición queremos novamente dar visibilidade, máis aló das redes sociais, ás recomendacións literarias de todo o ano. Agardamos poder inspirar novas ideas de lectura, especialmente para a fin de semana, xa que se publican todos os venres.

Como dicimos en cada unha das recomendacións: "E ti, que vas ler esta finde?"

Grazas a todo o equipo que está detrás do proxecto, sen o que este proxecto sería misión imposible (modelos, suxeitalibros, fotógrafos, vestiario, ambientación...):

• Ana Belén
• Carmen
• Mª Carmen
• María L.S.
• Marga

• Miguel
• Susana
• Merchi
• Sindo
• Silvia
• José R.