Día Internacional da Lingua Materna 2026
O 21 de febreiro, a UNESCO convídanos a celebrar a multiculturalidade e a súa riqueza no Día Internacional da Lingua Materna.
As sociedades multilingües e multiculturais existen a través das súas linguas, que transmiten e preservan os coñecementos e as culturas tradicionais ao longo do tempo.
O Día Internacional da Lingua Materna destaca a importancia de conservar as linguas maternas como portadoras de expresión cultural e coñecemento.
A diversidade lingüística enriquece as nosas vidas, promove a comprensión entre as diversas culturas e preserva a herdanza distintiva de cada comunidade.
Este ano, o Día Internacional da Lingua Materna destaca o papel da mocidade na construción do futuro da educación multilingüe.
A lingua é moito máis que un medio de comunicación: é fundamental para a identidade, a aprendizaxe, o benestar e a participación na vida social.
É importante contar con sistemas educativos que recoñezan e valoren a lingua de cada estudante para fomentar a inclusión e mellorar os resultados da aprendizaxe.
Na Biblioteca provincial fixemos unha escolla de obras para celebralo, pásate por aquí ou achegate á eBiblioDaCoruna e goza da túa lingua!
