Estás en:Novas
Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural - FEADER

Estudos e investimentos na Rede Natura 2000, nos parques naturais e nas reservas da biosfera de Galicia - DATA LÍMITE: 11/03/2026

Estudos e investimentos na Rede Natura 2000, nos parques naturais e nas reservas da biosfera de Galicia - DATA LÍMITE: 11/03/2026

Convocatoria:
Axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, á recuperación e á rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na Rede Natura 2000, nos parques naturais e nas reservas da biosfera de Galicia.

Obxectivos:
• Promover a conservación e a posta en valor do patrimonio natural e cultural da Rede Natura 2000, dos parques naturais e das reservas da biosfera de Galicia.
• Contribuír a deter e reverter a perda de biodiversidade.
• Potenciar os servizos ecosistémicos.
• Conservar hábitats e paisaxes.
• Apoiar investimentos non produtivos en servizos básicos no medio natural.

Entidades beneficiarias:
Liña 1 (Reservas da biosfera):
• Administracións públicas que sexan órganos de xestión das reservas da biosfera de Galicia.
• Entidades asociativas que sexan órganos de xestión das reservas da biosfera de Galicia.
Liña 2 (Rede Natura 2000 e parques naturais):
• Concellos e entidades locais menores incluídas total ou parcialmente nun parque natural ou na Rede Natura 2000.
• Asociacións ambientais sen ánimo de lucro (incluídas as que teñan acordos de custodia do territorio) e comunidades de montes veciñais en man común.
• Persoas físicas que leven a cabo actuacións nos espazos indicados.
• Empresas con domicilio fiscal en municipios con parque natural (constituídas antes da publicación da convocatoria).

Gastos subvencionables:
• Custos de investimento vinculados ás actuacións aprobadas, entre eles: obras e actuacións materiais relacionadas coa conservación, restauración e mellora da biodiversidade, investimentos en infraestruturas de uso público (rutas, sinalización, miradoiros, áreas recreativas, centros de interpretación, etc.), conservación de elementos patrimoniais, históricos ou etnográficos vinculados á paisaxe tradicional.
• Honorarios técnicos e servizos profesionais, como: arquitectura e enxeñaría, asesoramento técnico, estudos de viabilidade, asesoramento sobre sustentabilidade económica e ambiental.
• Execución con medios propios, podendo incluír: man de obra, compra de materiais, emprego de materiais propios (coa correspondente imputación de amortización), contribucións en especie.
• Custos de publicidade obrigatoria esixidos nas bases.

Contía da subvención:
Subvención do 100% do custo subvencionable, ata os seguintes máximos:
• Administracións públicas e entidades xestoras de reservas da biosfera: 25.000 € por proxecto.
• Concellos e entidades locais menores en parques naturais: 20.000 € por proxecto.
• Concellos e entidades locais menores en Rede Natura 2000: 15.000 € por proxecto.
• Empresas, asociacións ambientais e comunidades de montes, persoas físicas en municipios con parque natural: 10.000 € por proxecto.
• Asociacións ambientais e comunidades de montes en Rede Natura 2000: 6.000 € por proxecto.
• Persoas físicas en Rede Natura 2000: 6.000 € por proxecto.

Prazos:
Prazo de presentación de solicitude: 12/02/2026 - 11/03/2026

Documentación e bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica

Contacto:
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
Servizo de Patrimonio Natural da Coruña
Teléfono: 981 184 838
Correo-e: espazosnaturais.medioambiente@xunta.gal

MÁIS CONVOCATORIAS

Máis información:
OFICINA NEXT
Teléfonos: 881 045 900 / 617 675 400
Correo-e: nextdeputacion@dacoruna.gal