Estás en:Novas

I Roteiro das Árbores Monumentais do Pazo de Mariñán

Aberto a todas as persoas que queiran coñecer a historia dos pazos galegos e as árbores monumentais que se atopan no Pazo de Mariñán.

I Roteiro das Árbores Monumentais do Pazo de Mariñán

O Pazo de Mariñán, situado na beira da ría de Betanzos, destaca pola súa riqueza natural. Os terreos do pazo albergan un grande número de morcegos, unha diversidade excepcional de fungos, diversas agrupacións de camelias e algunhas das árbores e arbustos máis destacados de Galicia.

Co obxecto de comprender a estrutura e funcionamento dos pazos galegos e coñecer as extraordinarias árbores do Pazo de Mariñán, a Deputación da Coruña realizará o I ROTEIRO DAS ÁRBORES MONUMENTAIS DO PAZO DE MARIÑÁN.

• LUGAR: Pazo de Mariñán (Concello de Bergondo)

• DATA E HORARIO: sábado, 11 de abril de 2026, de 10:00 a 13:30 horas

• PRAZAS: 30

• PERSOAS DESTINATARIAS: Esta actividade é de balde e aberta a toda aquela persoa que queira asistir, adultos e crianzas acompañadas. Non poderán asistir máis de 3 persoas por grupo, agás familias con máis de dous fillos.

• DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE:
- 10:00 – 11:00 h Charla sobre a historia e principais especies vexetais dos pazos galegos.
- 11:00 – 11:30 h Pausa-café.
- 11:30 – 13:30 h Ruta guiada polos xardíns do pazo.

• PRAZO DE INSCRICIÓN: remata o 13 de marzo de 2026.

• INFO: chamando a Medio Ambiente da Deputación da Coruña no 981 415 704 ou no correo electrónico medioambiente@dacoruna.gal

Formulario de inscrición