A Deputación destina preto de 470.000 euros a 26 proxectos de cooperación internacional que levarán a solidariedade coruñesa arredor do mundo
As axudas permitirán financiar infraestruturas, equipamentos e accións estruturais en países como Costa de Marfil, Guinea Bissau, India, Perú ou Guatemala
A Deputación da Coruña publicou hoxe no Boletín Oficial da Provincia a concesión provisional das axudas dirixidas a entidades sen ánimo de lucro da provincia para o cofinanciamento de proxectos de cooperación ao desenvolvemento durante o ano 2026. A institución provincial destina a estas axudas un total de 469.561,70 euros, que permitirán apoiar 26 proxectos solidarios impulsados por organizacións da provincia.
Estas liñas de apoio enmárcanse no compromiso da Deputación coa cooperación internacional, a solidariedade global e o cumprimento da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, contribuíndo á mellora das condicións de vida en distintos territorios do mundo.
No marco do programa de subvencións para o cofinanciamento de proxectos de actividades, foron propostas provisionalmente como beneficiarias 16 entidades sen fins de lucro, cun importe total de 217.172,54 euros. Estas axudas están destinadas a financiar iniciativas relacionadas coa cooperación internacional, a axuda humanitaria, a sensibilización social, a educación para o desenvolvemento e o comercio xusto.
Pola outra banda, o programa de axudas investimentos conta cun orzamento de 252.389,16 euros, distribuídos entre 10 entidades beneficiarias. Neste caso, as achegas permitirán financiar actuacións vinculadas á construción ou mellora de infraestruturas, a adquisición de equipamentos e outras accións estruturais nos territorios destinatarios.
Entre os países nos que se desenvolverán os proxectos apoiados pola Deputación atópanse Costa de Marfil, Guinea Bissau, India, Perú ou Guatemala, entre outros, contribuíndo a mellorar servizos básicos, reforzar a capacidade das comunidades locais e impulsar iniciativas de desenvolvemento sostible.
Compromiso co desenvolvemento sostible e os dereitos humanos
Os proxectos subvencionados deberán integrar no seu deseño e execución as prioridades transversais recollidas no V Plan Director da Cooperación Galega (2023-2026). Entre elas destacan a erradicación da pobreza multidimensional, a igualdade de xénero, a defensa da sustentabilidade ambiental e a loita contra o cambio climático, así como o enfoque baseado nos dereitos humanos, o respecto pola diversidade cultural, a promoción da interculturalidade e o fortalecemento da sociedade civil.
Tamén se terán en conta as prioridades xeográficas, os colectivos prioritarios e os ámbitos estratéxicos definidos na planificación autonómica e estatal en materia de cooperación ao desenvolvemento.
Programa de investimentos en cooperación ao desenvolvemento 2026
ARQUITECTURA SIN FRONTERAS ESPAÑA
29.952,00
ASOCIACION AMAP - ASOC. MUNDIAL PARA AYUDA DE LOS PUEBLOS NECESITADOS
24.832,00
ASOCIACION EGUEIRE
26.154,24
ASOCIACION MIRADAS AL MUNDO
25.532,00
COOPERACION VICENCIANA PARA EL DESARROLLO - ACCION MISIONERA VICENCIANA DE ESPAÑA (COVIDE - AMVE)
16.390,33
FUNDACION GALICIA INNOVA
19.360,00
FUNDACION SUMMA HUMANITATE
23.808,00
HORIZON EXPERIENCES
23.052,48
REMAR GALICIA
31.820,11
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL DE GALICIA
31.488,00
Total concedido: 252.389,16 €
Programa de actividades en cooperación ao desenvolvemento 2026
Concedido (€)
A.I.R.E. ASOCIACION INTEGRAL DE RESCATE EN EMERGENCIAS
15.200,00
ASAMBLEA DE COOPERACION POR LA PAZ
16.480,00
ASOCIACION CAUSAS COMUNS
12.870,72
ASOCIACION HABITAMOS
15.408,00
ASOCIACION PARA A COOPERACION O DESENVOLVEMENTO SOLIDA
5.178,23
BEYOND SUNCARE
15.840,00
CAMINA NEPAL
15.954,29
COLABORACION Y ESFUERZO
12.168,00
ECODESARROLLO GAIA
18.720,00
FUNDACION AYUDA SOLIDARIA HIJAS DE JESUS
14.811,94
FUNDACION GALICIA INNOVA
5.000,00
FUNDACION TIERRA DE HOMBRES ESPAÑA
10.000,00
INFANCIA SOLIDARIA
18.080,00
MEDICOS DEL MUNDO
17.440,00
SEMILLA PARA EL CAMBIO
17.245,36
VIRAVENTOS
6.776,00
Total concedido: 217.172,54 €
Ligazóns:
https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/03/09/2026_0000001296.html
https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/03/09/2026_0000001297.html
