“O xeo no que vivían desapareceu”
Tema: auga
Canción: "One Fine Day", Sting
...The ice they lived on disappeared...
Ouro azul necesario para a vida.
A auga é un recurso natural con moitas vertentes. Por unha banda, a auga doce en abundancia, supón contar cunha fonte de vida; por outra, a súa ausencia, escaseza ou tratamento inadecuado supoñen unha fonte de insalubridade, enfermidade, desigualdade, pobreza, fame, migración e conflito. A día de hoxe, como consecuencia do proceso de quecemento que está a vivir o planeta, estase rompendo o equilibrio do ciclo natural da auga, volvéndose máis impredicible e extremo, o que repercute no padrón de choivas, polo que se está asistindo a un cambio de paradigma: a auga está a converterse nunha mercadoría. Deste xeito, a auga pasou a ser obxecto de control e fonte de poder, entrando a formar parte da xeopolítica e deixando de lado a vertente que a considera un dereito e defende o seu acceso gratuíto, equitativo e universal.
O 22 de marzo é o Día Mundial da Auga. Esta data tamén conta con varias vertentes. Por unha parte, salienta as consecuencias da manipulación e da sobreexplotación da natureza pola humanidade: emisión de gases de efecto invernadoiro, aumento da temperatura, evaporación da auga dos océanos, desxeo dos glaciares, subida do nivel do mar, alteración e destrución de ecosistemas, dificultade de supervivencia dos animais salvaxes, secas, riscos de desertización, inundacións, produción de residuos, contaminación e crise hídrica. Por outra, difunde a necesidade de contar cunha xestión da auga baseada na sostibilidade e na distribución equitativa, contornas urbanas que conten con servizos básicos que coiden ás persoas e ao medio ambiente (fontes, baños...), infraestruturas adecuadas para o tratamento das augas (saneamentos, desalgadoras, potabilizadoras...), hábitos cotiás responsables no consumo de auga e políticas de educación ambiental que sensibilicen sobre o uso eficiente dos recursos hídricos para garantir a súa conservación e sobre a necesidade de respectar á natureza, xa que toda a auga do planeta está interconectada, formando un único sistema vivo.
A selección de obras que acompaña, ofrece unha breve panorámica de todas estas vertentes da auga e da súa problemática actual.
Para que o planeta azul non deixe de selo un bo día.
Vídeo
YouTube: https://youtu.be/jPpi4IsPoU4?si=HYHH-aKGczhTQtrm
Música
Spotify: https://open.spotify.com/intl-es/track/70irh1BLnXzi1sdVuHSZi7
Recomendacións lectoras
Papel:
• "La sed: una historia antropológica (y personal) de la vida en tierras de lluvia escasa", Virginia Mendoza [sinatura: 3M/8059]
• "La infancia del mundo", Miche Nieva [sinatura: 3A/5965]
• "El hambre: un recorrido por el otro mundo", Martín Caparrós [sinatura: 3K/619]
• "Mugre rosa", Fernanda Trías [sinatura: 3A/4394]
• "Cuchillo de agua", Paolo Bacigalupi [sinatura: 3S/10916]
• "Antártida: una llamada para un futuro sostenible", Sebastian Copeland [sinatura: 3M/20124]
• "El mar que nos rodea" Rachel Carson [sinatura: 3M/25403]
• "O corvo sobre a neve", Andrea Maceiras [sinatura: N 869.9 MAC cor / a]
• "Los mapas del agua", Ricardo Gómez [sinatura: N GOM map / v]
• "SOS monstruos verdaderos amenazan al planeta", Marie G. Rohde [sinatura: 574 ROH sos / r]
• "¿Por qué debo ahorrar agua?", Jen Green [sinatura: 502 POR / z]
Dixital:
• https://ebiblio.dacoruna.gal/info/el-futuro-del-agua-00469092
• https://ebiblio.dacoruna.gal/info/vidas-secas-00451401
• https://ebiblio.dacoruna.gal/info/el-agua-a-traves-del-tiempo-00443367
• https://ebiblio.dacoruna.gal/info/la-tierra-transformada-el-mundo-desde-el-principio-de-los-tiempos-00406096
• https://ebiblio.dacoruna.gal/info/como-estamos-acabando-con-el-planeta-guia-grafica-del-cambio-climatico-00406055
• https://ebiblio.dacoruna.gal/info/antropoceano-cuidar-los-mares-para-salvar-la-vida-00225825
• https://ebiblio.dacoruna.gal/info/somos-agua-que-piensa-00184870
• https://ebiblio.dacoruna.gal/info/la-ciudad-de-los-cuidados-00143286
• https://ebiblio.dacoruna.gal/info/el-manantial-00039461
• https://ebiblio.dacoruna.gal/info/el-ultimo-oso-00184805
• https://ebiblio.dacoruna.gal/info/waluk-00499126
