Estás en:Novas
A BPDC NA PROVINCIA

Obradoiro de "lettering" na Pobra e en Cee

A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña achégalles actividades de animación á lectura e o desenvolvemento de habilidades creativas e da escritura ás persoas usuarias das bibliotecas da provincia da Coruña.

Neste mes achegámonos á Pobra (13 de abril) e a Cee (27 de abril) para levar a cabo un obradoiro de rotulación ou "lettering" para a mocidade.

Agardámosvos a todas!

Obradoiro de

OBRADOIRO DE ROTULACIÓN OU LETTERING

O lettering é a arte de debuxar letras, non simplemente escribilas. Céntrase na estética e o deseño das letras, buscando crear composicións visualmente atractivas. A diferenza da caligrafía, que se enfoca na escritura fluída e correcta, o lettering permite maior liberdade creativa para experimentar con diferentes estilos, formas e efectos, adaptándose a unha mensaxe ou concepto específico.

Próximas datas:

  • 13 de abril, na Pobra
  • 27 de abril, en Cee

DETALLES DA ACTIVIDADE

  • Impartido por NACU, artesá das letras especializada en caligrafía.
  • Orientados á mocidade de 12 e 16 anos
  • Prazas dispoñibles: 15 persoas
  • Incrición no centro onde se imparte

Como noutras ocasións, estas actividades non supoñen custo para os concellos nin para as persoas participantes.

SEGUINTES DATAS

  • 11 de maio: San Sadurniño
  • 25 de maio: Dodro
  • 8 de xuño: Padrón

Toda a información sobre as actividades da Biblioteca Provincial na Provincia aquí.