Estás en:Novas
Concurso #140enpositivo

Premiados #140enpositivo 2026

Presentáronse 180 traballos, cumprindo os requisitos 171 deles, que son os valorados polo xurado. Revisáronse 111 mensaxes na categoría de persoas adultas e 61 mensaxes na categoría xuvenil (14-17 anos).Foi a maior participación dos últimos anos no concurso.

Agradecemos coma sempre a todos as persoas que participaron e que axudan a difundir coa súa creatividade unhas verbas positivas ao mundo!

Premiados #140enpositivo 2026


Reunido na Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña ás 14:00 horas do día 13 de abril de 2026 o xurado do Concurso convocado pola Biblioteca Provincial #140EnPositivo.
Compoñen o xurado María Lema Santabaya, xefa de departamento na Biblioteca Provincial, e o persoal técnico da Biblioteca Provincial: Amelia Margarita Sanz Páez, Gumersindo Doval García, e María Carmen González Rebollido.

Informase de que se presentaron 180 traballos, cumprindo os requisitos 171 deles, que son os valorados polo xurado. Revisáronse 111 mensaxes na categoría de persoas adultas e 61 mensaxes na categoría xuvenil (14-17 anos).
Realizase una ronda de lectura e selecciónanse os traballos finalistas, que segundo o criterio do xurado son os seguintes:

CATEGORÍA A: Persoas adultas (+18 anos)
1º Premio: Mensaxe nº 21
2º Premio: Mensaxe nº 121
3º Premio: Mensaxe nº 71

CATEGORÍA B: Mocidade (14-17 anos)
1º Premio: Mensaxe nº 183
2º Premio: Mensaxe nº 101
3º Premio: Mensaxe nº 124

O xurado elixiu as obras por axustarse ás bases e ao obxecto do concurso.

Os premios por categoría son:
1º Premio: Un lector de libros electrónicos
2º Premio: Un bono de 75 euros en libros
3º Premio: Un lote de produtos promocionais da Biblioteca Provincial

Finalizada a selección procédese a revelar a autoría dos traballos seleccionados, resultando premiadas as seguintes persoas participantes:

CATEGORÍA A: Persoas adultas (+18 anos)

1º Premio: Mensaxe nº 21

"Saes fóra e o mundo respira contigo. A terra non se rende: florece despois do frío, medra entre pedras, busca luz ata rachala. Aprende dela. Se a natureza insiste, ti tamén. Sempre hai primavera agardando baixo a túa propia pel."

Autoría: Alejandro Veira Canle

2º Premio: Mensaxe nº 121

"Hai días nos que resistir xa é unha forma de beleza. Non todo medra cara arriba: tamén hai raíces que avanzan na escuridade, sostendo a vida sen facer ruído."

Autoría: Lara Romero Carrera

3º Premio: Mensaxe nº 71

"Nenas que medraron procurando oportunidades, mozas valerosas que partiron tópicos, vellas testanas que desfecharon portas, artistas tras fiestras abraiando co seu talento, nais que adestraron distinto...sigamos as pegadas das nosas teimudas devanceiras!"

Autoría: Cristina Valiña Pazos

CATEGORÍA B: Mocidade (14-17 anos)

1º Premio: Mensaxe nº 183

"A veces me despierto y el mundo pesa un poco. Que si el pelo, que si el cuerpo, que si no soy suficiente. Tengo 15 y aprendo cada día a decir que no a lo que me quita la alegría. Mis errores son lecciones, mi risa es mi bandera, no necesito permiso para ser quien yo quiera."

Autoría: Jessica Sousa Abalde

2º Premio: Mensaxe nº 101

"O cambio non comeza cando todo está listo, senón cando decides dar o primeiro paso aínda con medo."

Autoría: Raúl Soneira Barreira

3º Premio: Mensaxe nº 124

"Deixade atrás os vosos prexuízos e ide provocando sorrisos."

Autoría: Julieta Fresco Pérez

Os premios poderán recollerse presencialmente na Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña entre o 4 e o 29 de maio en horario de apertura da Biblioteca. Así mesmo todos os participantes no concurso teñen un pequeno agasallo da Biblioteca que tamén pode ser recollido nesas datas.

Por último, o xurado destaca a alta participación no concurso, maior que en edicións anteriores, principalmente no referente á categoría xuvenil, e pon en valor a calidade xeral das mensaxes participantes.

Agradecemos coma sempre a todos as persoas que participaron e que axudan a difundir coa súa creatividade unhas verbas positivas ao mundo!