Estás en:Novas
Outras convocatorias

Creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais - 04/05/2026

Creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais - 04/05/2026

Convocatoria:
Concesión de subvencións para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia para o ano 2026, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida

Obxectivos:
• Obras de construción, mellora, ampliación ou rehabilitación de edificios, instalacións, ou dependencias municipais destinados á prestación de servizos municipais, obras de adaptación para garantir que resulten accesibles e/ou dotación de equipamentos destes edificios ou dependencias.
• Obras de acondicionamento de camiños públicos municipais e de construción, mellora, ampliación ou rehabilitación de prazas, parques, paseos e rúas.
• Obras de instalación, ampliación ou mellora das redes de luz pública.

Entidades beneficiarias:
Concellos da comunidade autónoma de Galicia, de forma individual ou mediante asociacións ou agrupacións, que reúnan os seguintes requisitos:
• Ter menos de 30.000 habitantes, de acordo coas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes, publicadas polo Instituto Galego de Estatística.
• Ter remitida a conta xeral do concello, correspondente ao exercicio orzamentario de 2024, ao Consello de Contas. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.
• No caso das agrupacións ou asociacións de concellos, deberán cumprir ambos os requisitos todos os concellos agrupados ou asociados, polo que o incumprimento por parte dalgún dos concellos participantes na solicitude de subvención supoñerá a inadmisión desta.

Gastos subvencionables:
Gastos nos que incorra a entidade, con posterioridade á presentación da solicitude da axuda, que se destinen a:
• Execución de obras e adquisición de equipamentos imputables ao capítulo VI do orzamento de gastos da entidade local, de conformidade coa clasificación económica establecida pola Orde EHA/3565/2008, do 8 de decembro, pola que se aproba a estrutura dos orzamentos das entidades locais.
Para estes efectos, só serán equipamentos subvencionables as subministracións de mobiliario xeral, de mobiliario e equipos de oficina, de equipamento informático e de equipamento audiovisual.
• Custos directamente relacionados cos investimentos que se efectúen, tales como honorarios de arquitectura e enxeñaría. O importe total destes custos xerais non poderá superar o máximo do 12% do investimento subvencionable.

Contía da subvención:
A axuda económica que se conceda financiará ata o 80% do orzamento da obra ou equipamento que se vai realizar, co límite de 40.000 euros para as solicitudes individuais e 50.000 euros tanto para as solicitudes conxuntas como para as presentadas por concellos resultantes dun proceso de fusión municipal ou en proceso de fusión.

Prazos:
Prazo de presentación de solicitudes: 02/04/2026 - 04/05/2026

Documentación e bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica

Contacto:
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Dirección Xeral de Administración Local
R/ Madrid 2-4, 2º. As Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546579
Correo-e: administracionlocal@xunta.gal

Máis información - Impulso local