Actuacións para minimizar as perdas de auga en concellos e entidades locais menores - 29/06/2026
Convocatoria:
Subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas á execución de actuacións para minimizar as perdas de auga en concellos e entidades locais menores da Comunidade Autónoma de Galicia.
Obxectivos:
Axudar aos concellos e ás entidades locais menores responsables de sistemas de abastecemento a executar actuacións para minimizar as perdas de auga no sistema de abastecemento municipal, contribuíndo ao cumprimento dos obxectivos ambientais nun complexo escenario de cambio climático.
Entidades beneficiarias:
Concellos que teñan unha poboación total inferior a 20.000 habitantes e as entidades locais menores, e que sexan responsables de sistemas de abastecemento.
Gastos subvencionables:
Investimentos realizados desde o 1 de xaneiro de 2026 destinados á execución das actuacións incluídas no Plan de actuacións para minimizar as perdas de auga aprobado pola entidade local con anterioridade á data da publicación desta resolución e en cumprimento do previsto na disposición adicional segunda da Lei 9/2019, do 11 de decembro, de medidas de garantía do abastecemento nos episodios de seca e nas situacións de risco sanitario.
Contía da subvención:
O importe da subvención será do 100% do gasto subvencionable, excluído o imposto sobre o valor engadido (IVE), co límite máximo de corenta e cinco mil euros (45.000,00 €).
Prazos:
Prazo de presentación de solicitudes: 27/05/2026 - 29/06/2026
Documentación e bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica
Contacto:
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Augas de Galicia
Teléfono: 981541632
Correo-e: xuridico.augas@xunta.gal
