Estás en:Novas
EBIBLIODACORUNA

"Un atardecer, dous solpores: a eclipse desde a provincia da Coruña"

O 12 de agosto, o ceo da provincia da Coruña escurecerá en pleno día cunha eclipse histórica.


Bases Legais

Reto Lector: Un atardecer, dous solpores
A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña presenta o Reto Lector Un atardecer, dous
solpores, no marco da preparación para a histórica eclipse solar, no que poderán participar

todos os usuarios con acceso á plataforma de préstamo electrónico ebiblio.dacoruna.gal

Os 10 usuarios que rexistren un maior número de préstamos e interactúen máis cos
recursos do carrusel Un atardecer, dous solpores , obterán un lote de merchandising exclusivo da biblioteca.

O reto desenvolverase segundo as seguintes bases:
- O reto comezará oficialmente o 06/07/2026 ás 00:01 e finalizará o 16/08/2026 ás
23:59.
- Poderán participar todos os usuarios con acceso á biblioteca dixital da Deputación da Coruña 'eBiblio
Dacoruna'.
- Este reto baséase en seleccionar aos 10 usuarios que rexistren a maior cantidade
de recursos prestados do carrusel "Un atardecer, dous solpores" da biblioteca dixital da Deputación da Coruña
'eBiblio Dacoruna' dentro do período estipulado nestas bases. A medición e o rexistro
da actividade realízase directamente dende a plataforma 'de préstamo de recursos dixitais.

- A entidade poñerase en contacto cos gañadores unha vez que remate a campaña para facer efectiva a recollida dos agasallos.
- Respecto ao premio, outorgaráselles ás 10 persoas gañadoras un lote de
merchandising oficial da biblioteca.
A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña resérvase o dereito a poder cambiar e/ou modificar
gañadores en caso de detectar irregularidades.
A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña será a encargada de
realizar todos os materiais necesarios para a comunicación do concurso.

¡COMEZA AGORA! (BOTÓN CARRUSEL)