Estás en:Novas
#HoxeEscriboEn 2026

Microrrelatos para viaxar polos concellos da provincia da Coruña

Ábrese o prazo de participación no concurso de microrrelatos deste ano!

A Biblioteca Provincial e a Sección de Turismo da Deputación da Coruña danse a man, un ano máis, para espertar o voso potencial literario, e deixarse embelesar coas historias dos vosos lugares favoritos da provincia.

Microrrelatos para viaxar polos concellos da provincia da Coruña

 

Desde a Biblioteca Provincial e Turismo da Deputación da Coruña queremos axudar a que agrome o teu talento creativo, ao tempo que visibilizamos o patrimonio dos concellos.

Crea un microrrelato ambientado ou referido a un dos 93 concellos da provincia da Coruña, relacionado coa historia local, a riqueza natural, ou calquera outro aspecto salientable, que poña en valor o lugar elixido. 

Presume de concello e leva un dos premios dispoñibles!

[Prazo de presentación de traballos: do 21 de xullo ao 3 de setembro de 2025.]

FORMULARIO DE PARTICIPACIÓN

Toda a información sobre o trascurso do concurso irá actualizándose aquí.

Tamén podes conseguir este material en formato físico nas bibliotecas municipais e nas oficinas de turismo da provincia.

Captura de pantalla 2026-07-17 174226.png

  Para solventar dúbidas sobre o concurso, podes contactar coa Biblioteca: enviando un correo electrónico a biblioteca.info@dacoruna.gal ou no teléfono 981 415 176.