Estás en:Novas
Biblioclip, música dende a BPDC

"A sensación de vivir a ficción"

Tema: Literatura teatral galega recente
Canción: "Teatro", Magín Blanco

O rexurdimento da ficción dramática.

Agosto trae un tempo moi favorable para a representación teatral, especialmente ao aire libre. Por iso, nesta época do ano adoitan organizarse festivais ou mostras de teatro, para que o público de todas as idades non quede sen asistir a ningunha. Pois ben, o 13 de agosto de 1882 representábase na cidade da Coruña por primeira vez A fonte do xuramento, de Francisco María de la Iglesia. Esta peza en verso marca o inicio do rexurdimento da literatura teatral galega. Lembrando este feito, achégase unha escolla de obras de autoras e autores teatrais que representan a dramaturxia galega de tempos recentes.

Cantas ficcións galegas para ser representadas.

Vídeo
YouTube: https://www.youtube.com/watch?v=8-GaZOUNuig

Música
Spotify: https://open.spotify.com/intl-es/track/52aiuGSWXTFWMciU62udNx?si=1d5e23aa5b84418e

Recomendacións lectoras

Papel:

  • O tsunami, Marcos Abalde Covelo [sinatura: GAL T 22]
  • República Sideral: a fantástica historia real da independencia tot-all da Illa de Arousa: (Farsa para monicreques de cachaporra), Esther F. Carrodeguas [sinatura: GAL T 7]
  • Poesía: (materiais para montar unha escena de cama), Roi Vidal Ponte [sinatura: GAL T 19]
  • Diante do espello, Fran Godón [sinatura: GAL T 18]
  • Campo de covardes: Memoria do incendio, Vanesa Sotelo [sinatura: GAL T 17]
  • Onde andas, Karl? ou Highgate very saddnest circus (tristérrimo circo do cemiterio de Highgate), Rubén Ruibal [sinatura: GAL/15658]
  • A fonte do xuramento: drama de costumes gallegos en dous autos en verso, Francisco María de la Iglesia y González [sinatura: M/137, BM/233] [consulta en sala]
  • Fóra de campo, Rosalía Fernández Rial [sinatura: T FER for / a]
  • Fábula galénica, Inacio [sinatura: T VIL fáb / v]
  • Somos os monstros, Paula Carballeira [sinatura: T CAR som / r]

Dixital: