Persoas premiadas do Reto lector: "Un atardecer, dous solpores"
Xa temos gañadoras do Reto lector da eBiblioDaCoruna!
Revisa o teu correo electrónico para comprobar se foches unha das dez persoas premiadas.
Reto Lector: Un atardecer, dous solpores
A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña presentou este verán o Reto Lector "Un atardecer, dous solpores", no marco da preparación para a eclipse solar deste 2026.
As 10 persoas que rexistraron un maior número de préstamos e máis consultaron os recursos seleccionados, son as gañadoras dun lote de produtos da biblioteca.
O contacto, para comunicar a nova, farase a través do enderezo electrónico de usuario da Biblioteca dixital.
Para a recollida do premio, propoñemos:
- As persoas que residan no concello da Coruña, se acheguen á Biblioteca para recoller o seu agasallo:
- Rúa Rego de Auga 27, 15001 A Coruña (iº andar)
- De luns a venres, de: 8:30-13:45 ou de 15:30-20:15h
- Desde o 19 de agosto
- As persoas que residan en calquera outro lugar da provincia, podemos facervos chegar o premio por correo, polo que precisamos un enderezo postal a onde envialo.
Queremos agradecer a vosa participación, elixindo a eBiblioDaCoruna para informarvos sobre o evento astronómico deste 2026.
Moitas grazas e parabéns ás persoas premiadas!
