Maximiliano Linares Rivas, o primeiro Director da Biblioteca Provincial
Este ano o Día das Bibliotecas celebra os seus profesionais, co lema "Sen profesionais non hai bibliotecas". A Biblioteca Provincial quere sumarse a esta iniciativa, rendendo unha homenaxe e recoñecemento ás persoas que exerceron de bibliotecarios na BPDC.
Maximiliano Linares Rivas (Santiago de Compostela - A Coruña, 3 de marzo de 1932)
• Ocupación: avogado e político.
• Apuntes biográficos:
◦ representante do distrito de Ferrol na Deputación Provincial da Coruña (1880-1886).
◦ primeiro Director da Biblioteca Provincial (1881-1886).
◦ Gobernador civil da Coruña (xullo de 1890-1892).
• Obra: Catálogo por orden alfabético de autores de las obras que existen en la Biblioteca de la Diputación Provincial de La Coruña, Bernardo Barreiro (1893)
• Imaxe: Vida Gallega (1932)
O 8 de novembro de 1881 o deputado Maximiliano Linares Rivas propuxo na sesión do día celebrada na Deputación da Coruña a "refundación" da Biblioteca Provincial. A pesar de que a data oficial da fundación da Biblioteca é o 23 de decembro de 1845, diversas circunstancias e dificultades impediron que tal feito pasase do proxecto á realidade. A Deputación, non só aprobaría a súa proposta, senón que o nomearía o seu Director, sendo o primeiro dos que virían.
