Estás en:Novas

Manuel Murguía, o home do Rexurdimento

Este ano o Día das Bibliotecas celebra os seus profesionais, co lema "Sen profesionais non hai bibliotecas". A Biblioteca Provincial quere sumarse a esta iniciativa, rendendo unha homenaxe e recoñecemento ás persoas que exerceron de bibliotecarios na BPDC.

Manuel Murguía, o home do Rexurdimento

Manuel Murguía (Arteixo, 17 de maio de 1833 - A Coruña, 2 de febreiro de 1923)
• Ocupación: arquiveiro, historiador, xornalista e escritor
• Apuntes biográficos:
◦ impulsor do Rexurdimento.
◦ arquiveiro do Arquivo de Simancas (1868-1870).
◦ arquiveiro do Arquivo Xeral de Galicia (1870-1875).
◦ director literario de La Ilustración Gallega y Asturiana (1879-1882).
◦ primeiro Presidente da Real Academia Galega (1906-1923).
◦ arquiveiro-bibliotecario da Deputación da Coruña (1909-1923).
• Obra:
◦ La Ilustración gallega y asturiana: revista decenal ilustrada (1881) [sinatura: HM 415]
◦ Historia de Galicia (1865-1913) [sinaturas: BM/2707/1-4].
◦ El Foro: sus orígenes, su historia, sus condiciones (1882) [sinaturas: BM/2854].
◦ El arte en Santiago durante el siglo XVIII y noticia de los artistas que florecieron en dicha ciudad y centuria (1884) [sinaturas: M/952, BM/2445, BM/671, LS/331].
◦ Galicia (1888) [sinaturas: M/963, BM/2557, FGA/6].
◦ En prosa (1895) [sinaturas: M/372, BM/575, BM/3128].
◦ D. Diego Gelmírez (1898) [sinaturas: M/951, BM/3255, BM/2690].
◦ Los trovadores gallegos (1905) [sinatura: M/15].
◦ Desde el cielo (1910) [sinatura: M/76, BM/2543].
◦ Los Precursores (2ª ed., 1944) [sinatura: BM/2649].
• Imaxe: Consello da Cultura Galega

Manuel Murguía foi un home polifacético, a causa da súa curiosidade intelectual. Entre as súas áreas de interese estaba o xornalismo, no que xe iniciou na súa mocidade; ademais de colaborar con diversos xornais dirixiu La Ilustración gallega y asturiana, unha revista que destacou pola súa modernidade, por apostar pola ilustración e por publicar textos en galego, asturiano e castelán. Outra das súas facetas relevantes foi a de historiador, propúxose redactar a historia de Galicia e acabou por fundamentar a identidade cultural galega. Tamén, foi o arquiveiro-bibliotecario da Deputación da Coruña, o que facilitou a súa actividade investigadora, co acceso ás fontes e a concesión de certas subvencións.