Estás en:Novas

Fernando Urgorri Casado, arquiveiro- bibliotecario e docente

Este ano o Día das Bibliotecas celebra os seus profesionais, co lema "Sen profesionais non hai bibliotecas". A Biblioteca Provincial quere sumarse a esta iniciativa, rendendo unha homenaxe e recoñecemento ás persoas que exerceron de bibliotecarios na BPDC.

Fernando Urgorri Casado, arquiveiro- bibliotecario e docente

Fernando Urgorri Casado
• Ocupación: arquiveiro, bibliotecario, historiador e docente
• Apuntes biográficos:
◦ arquiveiro-bibliotecario da Deputación da Coruña.
• Obra:
◦ "Los uniformes en la pintura e Román Navarro", Pinturas de Román Navarro (1976) [sinatura: GAL/837]
◦ Los nombres antiguos de Betanzos y los orígenes de la ciudad (1982) [sinatura: FOL/25/47]
◦ "Algo más sobre el faro romano de La Coruña. Investigaciones y sugerencias sobre la historia, trazado y proporciones de la Torre Romana", Revista Instituto "José Cornide" de Estudios Coruñeses (1991) [sinatura: HM 174]

Fernando Urgorri Casado dedicouse, por unha banda, á ensinanza. Obtivo a súa praza de catedrático de bacharelato, na especialidade de Xeografía e Historia, e estivo destinado en distintos centros da provincia da Coruña, sendo apreciado polo alumnado. Por outra, á xestión do Arquivo e Biblioteca da Deputación da Coruña, ocupando o posto de arquiveiro-bibliotecario. Grazas ao seu labor puidéronse organizar arredor de 5.000 caixas de documentación que se atopaba almacenada e sen recibir o tratamento arquivístico adecuado.