Estás en:Novas

Cristina Capelán reivindica en Lorbé o traballo da xente do mar na XI Festa da Centola

A deputada de Mar e Medio Rural destaca o papel das confrarías na defensa do sector e na promoción de produtos como a centola e o mexillón de Lorbé

Cristina Capelán reivindica en Lorbé o traballo da xente do mar na XI Festa da Centola

A deputada de Mar e Medio Rural da Deputación da Coruña, Cristina Capelán, participou este sábado en Oleiros na XI Festa da Centola de Lorbé, organizada pola Confraría de Pescadores. A celebración reuniu arredor da mesa dous dos produtos máis recoñecidos da costa coruñesa, a centola e o mexillón de Lorbé, e serviu para recoñecer o traballo de quen vive do mar.

«A centola e o mexillón son produtos emblemáticos do mar de Lorbé. Detrás deles hai moito traballo dos nosos profesionais do mar, unha longa tradición mariñeira e unha actividade económica que debemos apoiar e preservar», sinalou Capelán.

A deputada destacou o labor que desenvolven as confrarías ao longo de todo o ano para defender os intereses do sector pesqueiro e dar a coñecer a calidade dos seus produtos. Nese traballo de promoción situou a festa de Lorbé, que achega o produto local ao público e reforza a relación entre os profesionais do mar e a hostalaría.

Capelán reiterou o apoio da Deputación ás confrarías e ás entidades que traballan por unha actividade pesqueira sostible. Lembrou, ademais, que desde o 20 de novembro está aberto o prazo de solicitude de dúas liñas provinciais de axudas ás confrarías da provincia para 2027, cunha dotación conxunta de 425.000 euros